Chega o nadal e este ano non haberá excusa para non tocar a pandeireta se non atopamos algunha pola casa. A empresa galega Taptil lanza a app Pandeireta Pro, que permite facer soar este instrumento nos smartphones e tablets de Apple. A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calquera tipo de usuario poida utilizala, tanto principiantes no ámbito tecnolóxico como no ámbito musical. A aplicación xa está dispoñible para a súa descarga de balde.
Co obxectivo de lograr "unha experiencia realista", no proxecto participaron diversos pandereteiros que contribuíron a crear unha aplicación innovadora, que facilita que os músicos ensaien en calquera contexto, xa que pode usarse con auriculares, e que acerca ó público xeral a este tradicional instrumento galego.
Taptil é una marca galega, tras a cal están as empresas Sixtema e Hacce Soluciones, especializada en dar resposta e crear solucións avanzadas no desenvolvemento de aplicacións móbiles. Taptil conta con outra aplicacións coma Sendegal, que permite coñecer os sendeiros oficialmente homologados de Galicia e gozar deste xeitos do senderismo. Ofrece información sobre a lonxitud da ruta, o tempo estimado en percorrerla, o nivel de dificultade e a cartografía, además de fotografías e outros datos de interese.