A web e a aplicación para dispositivos móbiles foron desenvolvidas pola empresa coruñesa Appeiros Mobile Development, constituida recentemente por titulados da Universidade da Coruña. Preséntase este mércores na UDC xunto cun obradoiro para desempregados, que inclúe unha charla motivacional cun psicólogo ou coach, outra cun técnico de emprego, unha charla de emprendemento e outra sobre o propio bochoio.com.
A web e a aplicación para dispositivos móbiles foron desenvolvidas pola empresa coruñesa Appeiros Mobile Development, constituida recentemente por titulados da UDC
O obxectivo desta plataforma é achegar a tecnoloxía ás persoas que se atopan no paro e dotala de ferramentas tecnolóxicas 2.0 na busca activa de emprego. Tamén resultará útil para quen desexe mellorar ou complementar o currículo. Bochoio.com é a plataforma online para a realización de currículos online, enriquecidos con elementos multimedia, fácilmente compartibles a través de correo electrónico ou redes sociais e transportables nos smartphones. Na web recoméndase elaborar cvcards, compostas por fragmentos do currículo, de xeito que o CV quede subdividido en datos personais, traxectoria académica, experiencia laboral, destreza en idiomas, destrezas en informática, ou outros datos de interese laboral.
Cada habilidade que se queira destacar mostrarase nunha cvcard diferente. É tan sinxelo coma cando unha persoa escribe un tweet ou un post en Facebook. As cvcards poden ir acompañadas de imaxes ou de vídeos de presentación de Youtube polo que se enriquece o contido con elementos multimedia. Outro aspecto importante da plataforma é a posibilidade de compartir a través das redes sociais ou por correo electrónico un enlace da información que se introduciu.
Un sistema intelixente chamado cvmatch buscará casar as necesidades (demandantes) e as habilidades (ofertantes)
O obxectivo é que unha vez lanzado o servizo inicial e tras recoller as opinións dos usuarios iniciais se comece a construir un sistema intelixente chamado cvmatch, que buscará casar as necesidades (demandantes) e as habilidades (ofertantes).