0 Gardados para despois

6 vídeos para lembrar a Isaac no seu cabodano

Redacción | @prazapublica

O 5 de xaneiro de 2012, hai catro anos, finaba Isaac Díaz Pardo. A súa morte, aos 91 anos de idade, foi sentida coma poucas en Galicia. A través del e de todos os seus proxectos transmitiuse o legado, as palabras e o proxecto colectivo da xeración republicana. Como escribiu Manuel Rivas, "alguén tiña que facerse cargo da esperanza e Isaac foi o elixido". Ou, como escribiu Armando Requeixo, "é difícil imaxinar como tería sido a Galicia dos últimos tres cuartos de século sen o imprescindible concurso de Isaac Díaz Pardo".

No seu primeiro cabodano, en 2013, os seus amigos e amigas homenaxearon en Boisaca a súa figura e destacaron a "infinita necesidade" que Galicia tiña del. Ese sentimento de necesidade de Isaac segue aí. Deixámosvos seis vídeos para recordalo a través da súa propia voz e as súas palabras.

Isaac Díaz Pardo: Construtor de soños (TVG)

 

Especial ZigZag (TVG)

 

Historias de Vida (culturagalega.org)

 

Isaac (EAF Producións) Trailer

 

Entrevista da Universidade de Vigo (Uvigo TV)

 

Reportaxe de RTVE: "Las luces de Sargadelos"

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.