0 Gardados para despois

‘Ama-San’, da portuguesa Cláudia Varejão, gaña o Play-doc

Redacción | @prazapublica

A película Ama-San, da portuguesa Cláudia Varejão, é a gañadora  da 13ª edición de Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental. Así o decidiu esta noite o xurado da sección oficial, que valorou “a creación dun traballo impecable sen imaxes superfluas ou editorializantes”. “A película logrou condensar o que calquera cineasta desexa retratar, a través dunha extraordinaria fotografía, un ritmo pausado e un modesto control, que encaixa perfectamente co recoñecemento aos seus protagonistas”, destaca a acta do xurado, formado por Carmen Gray, Jake Perlin e Philippe Azoury.

Varejão realizou este mesmo sábado en Tui a estrea en España desta a súa primeira longametraxe, na que se aproxima á historia de Matsumi, Mayumi e Masumi, tres mulleres que se mergullan diariamente a pulmón en Wagu, unha pequena vila pesqueira da península xaponesa de Ise, para arrincar a orella de mar das rocas. As Ama-San practican a pesca de mergullo dende hai máis de 2.000 anos. Ama-San competía con outras catro películas: Omar y Gloria, de Jimmy Cohen; Le Concours, de Claire Simon; Libera Nos (Liberami) e El futuro perfecto, de Nele Wohlatz.

 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.