Compostela acolle esta semana a 12ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), impulsada polo Museo do Pobo Galego. O evento, que crece ano a ano, celebrarase do 29 de maio ao 3 de xuño en tres sedes: o propio Museo do Pobo Galego, o Salón Teatro e o Teatro Principal. Nesta duodécima edición, son dezaseis as películas que compiten no certáme internacional polo Premio á Mellor Película e o Premio do Público. As producións galegas seleccionadas compiten tamén por un premio especial á Mellor Produción Galega.
O xurado deste ano está composto polo historiador e investigador cinematográfico Manolo González, Patricia Español, directora de Espiello, Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, e Catarina Alves Costa, antropóloga, cineasta e profesora na Universidade Nova de Lisboa.
Ademais da sección concurso, a mostra conta con tres seccións paralelas, a xa habitual Espiello onde se proxectarán as gañadoras neste festival oscense; Etnografía, muller e cinema, coordinada por Beli Martínez e Xisela Franco, cunha selección de traballos realizados por mulleres, que mostran os camiños polos que se move o documental contemporáneo, permeado tamén polo modo etnográfico; finalmente, coordinada polo Cineclube de Compostela, 1977-2017, catro décadas de cinema etnográfico, é unha selección de películas nacionais e internacionais, realizadas nestas catro décadas que ten de vida o Museo do Pobo Galego. Son corenta anos nos que a antropoloxía social e cultural, disciplina á que o Museo está adscrito, inicia a súa institucionalización académica entrando a formar parte como materia de estudio das universidades do Estado español e comezndo unha expansión verdaderamente significativa.
Filmes a concurso
- L’EAU SACRÉE. Olivier Jourdain, 55’, 2016, Bélxica
- ESQUECE MONELOS. Ángeles Huerta, 76', 2016, Galicia
- EL HOMBRE QUE EMBOTELLÓ EL SOL. Óscar Bernàcer, 81’, 2016, España
- REMEMBER YOUR NAME, BABYLON (DIURNO DOLIENTE). Bram Van Cauwenberghe, 77’, 2015, Bélxica
- KOMBIT. Aníbal Garisto, 60’, 2016, Arxentina
- O MOREDO. A RESISTENCIA DO ENTROIDO RIBEIRAO. David Vázquez, 40’, 2016, Galicia
- LOS LEONES. André Lag, 79’, 2016, Brasil/Francia
- ALALÁ (ALEGRÍA). Remedios Málvarez, 77’, 2016, España
- EN TRÁNSITO. Oskar Tejedor, 87’, 2017, España
- SOCOTRA, LA ISLA DE LOS GENIOS. Jordi Esteva, 60’, 2016, España
- LOS SENTIDOS. Marcelo Burd, 72’, 2016, Arxentina
- EL DIVINO ROSTRO. Manuel Moreno, 40’, 2016, México
- ENTRAR AOS VILARES. Cibrán Tenreiro Uzal, 55’, 2016, Galicia.
- TCHINDAS. Pablo García Pérez, Marc Serena, 94’, 2015 Cabo Verde/España
- HOTEL SPLENDID. Mauro Bucci, 90’, 2016, Italia
- LA TEMPESTAD CALMADA. Omar A. Razzak, 73’, 2016, España