Vilaxoán foi o escenario de tres días de concertos, circo, sardiñas, praia e feira. O Revenidas é un festival consolidado que cada ano completa a súa oferta e atrae a máis xente de toda Galicia e mesmo de fóra. Unha festa popular no mellor sentido da palabra.
Esta é a ollada dos fotógrafos Xabicas, Daniel Cruz e Christian Pérez que percorreron os distintos escenarios, nos que se mesturou no mesmo prato a música, a gastronomía ou os xogos populares.
Queda, pois un pouco máis dun ano para o Revenidas 2018.