Noites curtas: petiscos do Curtocircuíto na fin do verán compostelán

Aliens, de Jiajie Yu Yan Dominio Público Curtocircuíto

Falta máis dun mes para que décimo cuarta edición do Festival Curtocircuíto abra o outono compostelán de cinema, que culmina en novembro co sempre intenso mes de Cineuropa. Pero antes do outono resta aínda un chisco de verán, período no que un ano máis o certame de curtas saca o cinema ás rúas da capital galega coas súas Noites Curtas, dúas sesións de cine de verán programadas desta volta para os vindeiros xoves 24 e 31 de agosto.

Se o tempo non o impide -haberá emprazamento alternativo en caso de chuvia- as emblemáticas prazas de Praterías e da Quintana serán os escenarios destas dúas ditas, entre cuxos protagonistas destaca o realizador lucense Adrián Canoura, quen tamén estará en outubro na sección Planeta GZ de Curtocircuíto a presentar O poco e o seu espírito. Nas Noites Curtas o cineasta presentará catro videoclips elaborados en colaboración con bandas como Guerrera, Baiuca e Nistra.

No menú estritamente cinematográfico a organización de Curtocircuíto destaca traballos como Decorado, a premiada fita de animación de Alberto Vázquez, que xa acumula unha vintena de recoñecementos internacionais

No menú estritamente cinematográfico a organización de Curtocircuíto destaca traballos como Decorado, a premiada fita de animación de Alberto Vázquez, que xa acumula unha vintena de recoñecementos internacionais en certames como Penínsulas ou os Goya. La disco resplandece, de Chema García Ibarra; Over, de Jan Saska; Aliens, de Jiajie Yu Yan; ou Deep Blue, de Joe Nankin, proxectaranse tamén nestas sesións, ambas previstas para as dez da noite.

Estas sesións gratuítas son, ao cabo, un petisco de cinema antes do prato principal, que a organización do festival xa está a ultimar. A cita número 14 con Curtocircuíto, do 1 ao 8 de outubro.

'Decorado', de Alberto Vázquez Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.