Oxford acolle ata abril unha mostra do cinema galego contemporáneo

Cartel do ciclo © The John Rutherford Centre for Galician Studies

A Universidade de Oxford acollerá entre decembro e abril o ciclo O cinema galego hoxe, unha proposta para achegar ata a cidade universitaria un panorama xeral do audiovisual galego actual. A actividade está organizada por The John Rutherford Centre for Galician Studies coa colaboración do Galician Film Forum e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e da Universidade de Oxford.

O ciclo comezará este venres 1 de decembro cunha xornada centrada na animación na que se proxectará O Apóstolo de Fernando Cortizo no Shulman Auditorium do Queen’s College. Todas as proxeccións serán en versión orixinal e terán subtítulos en inglés. Ademais, serán gratuítas, se ben será preciso retirar previamente a entrada vía web. 

Este ambicioso proxecto de Artefacto Producións supuxo cinco anos de traballo e seu lugar á primeira película de animación stop motion de Europa realizada mediante produción estereoscópica. Para facela realidade precisouse da implicación de máis de douscentos profesionais do mundo da animación e do modelado 3D. Ademais, outra das súas peculiaridades radica no novo sistema de rodaxe empregado, xa que os actores protagonistas non só lles cederon a súa voz aos personaxes da historia, senón que interpretaron previamente as escenas para inspirar cos seus movementos e expresións reais aos animadores. Este traballo viuse recompensado con galardóns como o Premio do público no festival de ANNECY 2013, o Primeiro Premio do Festival Expotoons de Buenos Aires ou o Grand Prix do Festival Cinehorizontes de Marsella. Outros recoñecementos foron o Premio Especial do Xurado en Fantasporto, o Premio á Mellor Banda Sonora ou o Premio do Público na Mostra de Lisboa, entre outros.

O ciclo continuará en xaneiro cun serán de ficción e a película Os fenómenos de Alfonso Zarauza. En febreiro será a quenda das novas narrativas e vaise poder ver o título Costa da morte de Lois Patiño

O ciclo continuará en xaneiro cun serán de ficción e a película Os fenómenos de Alfonso Zarauza. En febreiro será a quenda das novas narrativas e vaise poder ver o título Costa da morte de Lois Patiño. A xornada de marzo vaise dedicar a curtametraxes e a de abril estará centrada no xénero documental e levará ata Oxford Os días afogados de César Souto e Luis Avilés.

 

The John Rutherford Centre for Galician Studies

A xornada de marzo vaise dedicar a curtametraxes e a de abril estará centrada no xénero documental e levará ata Oxford Os días afogados de César Souto e Luis Avilés

O Centro de Estudos Galegos John Rutherford da Universidade de Oxford –un dos Centros da rede de lectorados da Secretaría Xeral de Política Lingüística- está situado no Queen’s College e depende organicamente da Faculty of Medieval and Modern Languages. Fundado en 1991 baixo a dirección do Dr. John Rutherford, foi a primeira institución universitaria en ofertar estudos galegos fóra do Estado Español e, na actualidade, é un dos tres existentes nas Illas Británicas, xunto co de Bangor en Gales e o de Cork, na Irlanda. Alén da docencia e investigacion en Lingua, Literatura e Cultura a Galegas, o CEG desenvolve anualmente un variado programa de actividades académicas culturais en cuxo marco se insere este ciclo de cinema.
 

Galician Film Forum

O GFF naceu no 2015 no seo dun grupo de galegos emigrados a Londres co obxectivo de crear un espazo para a difusión do cinema galego na capital británica

O GFF naceu no 2015 no seo dun grupo de galegos emigrados a Londres co obxectivo de crear un espazo para a difusión do cinema galego na capital británica. A súa actividade articúlase en tres eixes: como plataforma de exhibición, como observatorio da nova diáspora creativa audiovisual no Reino Unido, e como espazo de reflexión sobre o cinema e a cultura galega en termos universais.

 

Cartel do ciclo © The John Rutherford Centre for Galician Studies

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.