O falecido Xabier P. Docampo, entre os galardoados cos Premios da Crítica 2018

Bieito Ledo, presidente dos Premios da Crítica, no acto deste sábado en Vigo Dominio Público @ConcelloAmoeiro

A XLI edición do Premios da Crítica de Galicia anunciou este mediodía en Vigo, no marco do seu habitual xantar anual, o listado de galardoados deste ano. A nena do abrigo de astracán, do falecido o pasado xuño Xabier P. Docampo, obtivo o Premio da Crítica de Galicia de Creación.

Os recoñecementos foron anunciados este sábado no tradicional xantar anual celebrado en Vigo

Na categoría de Investigación, o premio foi para José Luis Mascareñas, catedrático de química orgánica. Na de Iniciativas Culturais e Científicas, foi parar a Ana Romaní, xornalista directora do Diario Cultural da Radio Galega. En Cine e Artes Visuais o premiado foi para Matria, a curtametraxe de Álvaro Gago. En Música a gañadora foi Mercedes Peón. En Artes Plásticas o premio para Javier Alonso de la Peña, responsable do plan director da Catedral de Santiago. En Artes Escénicas, para a Mostra Internacional de Teatro de Cangas. E na categoría de Cultura Gastronómica o premio foi para a Federación de Razas Autóctonas de Galiza (Boaga).

A edición do pasado ano, a do corenta aniversario, ocasión para a que a TVG elaborou un documental repasando os anos previos, contou entre os galardoados, na categoría de Investigación, co xornalista de Praza Pública Marcos Pérez Pena, polo seu ensaio A prensa en Galicia na transición (Xerais), adaptación da súa tese doutoral.

Cartel da edición 2018 dos Premios da Crítica de Galicia Dominio Público Premios da Crítica de Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.