A Coruña homenaxea Lugrís, o pintor das cousas do mar

Cartaz da xornada © AELG

O movemento cidadán In Nave Civitas e a Asociación de escritoras e escritores en lingua galega organizou este sábado un conxunto de actos de reivindicación da figura e da obra do artista, que chegan xa á terceira edición. En todos eles o mar será o gran protagonista e como salientan os colectivos organizadores na convocatoria dos actos: Día Lugrís. "Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco! Medre o mar!"

Canda ao recordo e á homenaxe este ano os actos do Día Lugrís levan aparellada a reivindicación da conservación da obra do pintor que se atopa en diversos espazos da Coruña

Canda ao recordo e á homenaxe este ano os actos do Día Lugrís levaron aparellada a reivindicación da conservación da obra do pintor que se atopa en diversos espazos da Coruña. Os promotores dos actos salientan que "o gran mural da cafetería Veccio da Rúa Real ten un futuro absolutamente incerto" e sinalan que "máis grave é aínda" a situación das pinturas que decoraban o antigo restaurante Fornos, na Rúa dos Olmos, un establecemento actualmente pechado, sen control público ningún sobre estado desas obras.

 

Programa

20.00. Obradoiro submarino: Xuntanza no Obelisco para decorar paraugas con debuxos de peixes. Se chove, faremos da necesidade virtude, e poderemos principiar deseguido, ao son dos gaiteiros, a manifestación atlántica. 
20.30. Camarote Lugrís: Intervención pictórica na rúa Mantelería, no lugar onde estivo situado o estudo do artista.
21.00. Habitación do vello mariñeiro. Presentación no Borrazás, café moi querido por Lugrís, do colectivo poético-musical In Nave Civitas, artistas diversos reunido ao redor da condición da Coruña como cidade-barco.

Cartaz da xornada © AELG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.