Fervenzas Literarias anuncia os mellores libros e autores de 2012

As voces baixas © Xerais

Fervenzas Literarias realizou un ano máis unha enquisa entre os seus lectores para escoller o mellor da literatura, a edición, a tradución e a critica galegas no último ano. Medio milleiro de respostas situaron a Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz, Miguelanxo Prado ou Xavier Rodríguez Barrio como gañadores. A web especializada comezou a súa andaina en 2007 a partir do Máster en Edición da USC e leva dende 2008 escollendo o mellor do ano a través das respostas da súa comunidade. Nesta ocasión os lectores de Fervenzas escolleron Praza como o mellor medio de comunicación do 2012, o que agradecemos profundamente.

Mellor libro de... Narrativa de adultos: As voces baixas. Xerais. Manuel Rivas

Mellor libro de... Poesía: Calado testamento. Espiral Maior. Xavier Rodríguez Barrio

Mellor libro de... Ensaio e Investigación: O rastro que deixamos. Xerais. Agustín Fernández Paz

Mellor libro de... Literatura dramática: Banqueiros. Laiovento. V.V.A.A.

Mellor banda deseñada: Ardalén. El Patito editorial. Miguelanxo Prado

Mellor libro de... Tradución para adultos: Mr. Gwyn. Galaxia. Alessandro Baricco. Tradución de Carlos Acevedo

Mellor libro de... Xuvenil: Palabras de auga. Xerais. Marcos Calveiro. Ilustracións de Ramón Trigo

Mellor libro de... Infantil: María Fumaça. Galaxia. V.V.A.A. Ilustracións de P. Pastor

Mellor libro de... LIX traducida: Lilus Kikus. Trifolium. Elena Poniatowska. Ilustracións de Santy Gutiérrez. Tradución de Teresa Moure

Autor/a do 2012: Agustín Fernández Paz

Ilustrador/a do 2012: Miguelanxo Prado

Mellor portada de... Adultos: Tonas de laranxa. Xerais

Mellor portada de... Literatura Infantil e Xuvenil: Palabras de auga. Xerais

Mellor editorial do 2012: Xerais

Mellor crítico/a do 2012: Armando Requeixo

O mellor acontecido no 2012: Culturgal 2012

O peor acontecido no 2012: A política cultural da Xunta

Mellor Libraría do 2012: Couceiro (Santiago de Compostela e A Coruña)

Mellor medio de comunicación do 2012: Praza

Mellor blog do 2012: Bretemas. Manuel Bragado

As voces baixas © Xerais

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.