Os Mestre Mateo anuncian os seus finalistas, moi repartidos

Sabela Arán e Luís Tosar, presentando os finalistas dos Mestre Mateo © Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer este luns os nomes dos finalistas aos XII Premios Mestre Mateo 2014 nun acto celebrado no Auditorio de Novagalicia Banco en Santiago de Compostela. As candidaturas están moi repartidas entre as distintas producións, entre as que destacan os catro filmes nomeados na categoría de mellor longametraxe: El árbol magnético, Inevitable, Somos xente honrada e 9 ondas. Os filmes ou series con máis candidaturas son, no entanto, Somos xente honrada (13), Era Visto! (9), Luci (8), Salgadura (7), Inevitable (6), Encallados, Gran Hotel e Todos os Santos (5). A gala de entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro 12 de abril no Palexco da Coruña, segundo anunciou o presidente da Academia, Antonio Mourelos, que presentou o acto xunto con Luís Tosar e Sabela Arán.

Destaca, iso si, a longametraxe Somos xente honrada, con 13 posibilidades de premio, entre elas nas categorías principais de mellor película, mellor dirección (Alejandro Marzoa), mellor guión (Miguel Ángel Blanca, Juan Cruz e Alejandro Marzoa), mellor actor protagonista (Miguel de Lira), mellor actor de reparto (Ricardo de Barreiro)

  • Mellor Longametraxe: El árbol magnético, Inevitable, Somos xente honrada e 9 ondas
  • Mellor película de televisión: Encallados, Salgadura, Tilda y Jean e Todos os santos
  • Mellor actriz protagonista: Isabel Blanco, por Todos os Santos; Mercedes Castro, por Padre Casares; Nuncy Valcárcel, por Luci; e Patricia Vázquez, por Era Visto!
  • Mellor actor protagonista: Antonio Durán “Morris”, por Padre Casares; Federico Pérez, por Era Visto!; Miguel de Lira, por Somos xente honrada; e Xulio Abonjo, por Encallados
  • Mellor actriz de reparto: Covadonga Berdiñas, por Padre Casares; Isabel Risco, por Era Visto!; Mabel Rivera, por Inevitable; e Marta Larralde, por Gran Hotel
  • Mellor actor de reparto: Federico Luppi, por Inevitable; Manuel Manquiña, por Era Visto!, Pedro Alonso, por Gran Hotel; e Ricardo de Barreiro, por Somos xente honrada
  • Mellor comunicador/a: Fernanda Tavarés, Xosé Ramón Gaioso, Terio Carrera e Xosé A. Touriñán
  • Mellor programa de televisión: A casa da conexa, Galegos no mundo, Luar e Zig zag diario
  • Mellor serie de televisión: Era visto!, Gran Hotel, Luci e Padre Casares
  • Mellor dirección: Somos xente honrada, Encallados, Gran Hotel e Luci
  • Mellor guión: Era Visto!, Somos xente honrada, Salgadura e Luci
  • Mellor curtametraxe: Flores para Amalia, Idiotas, Real Love e 3-1=0
  • Mellor curta de animación: Aqua, Cousas de Meigas, Pepe, o cancodrilo e Sangre de unicornio
  • Mellor anuncio: Desconecting, Estrella Galicia Feliz 2013, Se chove, que chova! e Tino o Peregrino e o viño que sabe a festa
  • Mellor videoclip: Acción - Reacción (Machina), Canto de Sirena (Piti Sanz), Fábula (Juan Dorá) e La primera vez (Inculpados)
  • Mellor webserie: El quid, Entre pipas, Joke Business e @CanillejasSerie
  • Mellor documental: Costa da Morte, A pegada dos avós, Toñito Blanco só, perdido e vicioso e A última viaxe do afiador
  • Mellor música orixinal: Inevitable, Era Visto!, Somos xente honrada e Salgadura
  • Mellor dirección de fotografía: Encallados, Somos xente honrada, Luci e Todos os santos
  • Mellor dirección de arte: Todos os santos, Somos xente honrada, Salgadura e A casa da conexa
  • Mellor vestiario: Era visto!, Somos xente honrada, Salgadura e Luci
  • Mellor maquillaxe e perruquería: Era visto!, Luci, Somos xente honrada e A casa da conexa
  • Mellor dirección de produción: Somos xente honrada, Salgadura, O Faro e Todos os santos
  • Mellor realización: Luar, Galegos no mundo, Reporteiros e Verbas Van
  • Mellor montaxe: Encallados, Inevitable, Gran hotel e Somos xente honrada
  • Mellor son: Salgadura, Inevitable, Luci e Somos xente honrada 
Antonio Mourelos, presidente da Academia, presentando os finalistas © Academia Galega do Audiovisual
Imaxe da Gala dos Premios Mestre Mateo © AGA

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.