"Imposible sen ti": Outra campaña volve pular por un derbi galego cordial

Fragmento do vídeo de #Imposiblesenti © Abanca

Ao igual que na temporada pasada, unha campaña pula pola cordialidade e o respecto nos derbis galegos entre Celta e Deportivo. Ante a chegada dunha nova edición deste clásico do fútbol galego o vindeiro domingo, Abanca presentou este luns xunto aos técnicos dos dous equipos e os futbolistas Sergio Álvarez e Celso Borges o novo vídeo de Imposible sen ti

A campaña 'Imposible sen ti' pula pola cordialidade e respecto nos derbis galegos

Desta vez, un pai e seu fillo son os protagonistas. O mariñeiro e o seu pequeno, unidos na distancia pero separados polas súas afeccións futbolísticas. Un spot gabado polos dous técnicos. Berizzo, adestrador do Celta, recoñece que se ten avanzado no derbi. "A atmosfera cambiou neste tempo; o ambiente era de agresividade e rivalidade mal entendida", di quen viviu como xogador algúns dos enfrontamentos máis polémicos. Para o seu homólogo no Deportivo, Gaizka Garitano, o propósito debería ser a cordialidade que se vive nos partidos entre equipos vascos, especialmente entre Athletic e Real Sociedad. "Que todo o mundo poida ir ao campo cos seus fillos e gozar", di. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.