As xogadoras do Dépor abren un mes que pode ser histórico para o fútbol, baloncesto, hóckey ou o rugby da Coruña
Ao ascenso do Dépor á máxima categoría do fútbol feminino poden unirse as promocións do equipo masculino á Segunda división ou do Básquet Coruña á ACB. Pero, ademais, o HC Coruña participa na final four da Champions do hóckey feminino, as xogadoras do CRAT optan a gañar a liga de rugby e tamén o Maristas, o Zalaeta ou o OAR poden conseguir ascensos en baloncesto, voleibol ou balonmán.