Praza Pública

Unha ducia de razóns para asistir á LibreCon

A vindeira semana (29 e 30 de outubro) Compostela acolle un dos eventos máis importantes do mundo sobre tecnoloxías libres e negocio, a LibreCon2015. Unha grande oportunidade para o sector en Galicia e, igualmente, unha porta aberta para que calquera persoa ou empresa poida coñecer de primeira man as solucións que ofrece o software libre. Automoción, educación e Internet das Cousas centrarán os relatorios e presentacións do encontro.

  1. 01

    Educación

    Porque o futuro pasa por escolas onde primen valores como a creatividade, o espíritu crítico e o uso responsable da tecnoloxía, convidamos a que participen membros da comunidade educativa en LibreCon 2015, que terá a educación e as aplicacións que o software libre ofrece como un dos seus eixos principais. María José Rodriguez Malmierca (CESGA) falará por exemplo do Proxecto RuralSchoolCloud, que explora as potencialidades da computación cloud e o software libre para mellorar a forma de traballar, colaborar, ensinar e aprender nas pequenas escolas rurais.

  2. 02

    Coche conectado

    A última xeración de sistemas de entrememento para automóviles inclúen múltiples características. GENIVI é unha alianza que pretente adoptar unha pila software para entretemento en vehículo baseada en Linux e Open Source. Roberto Zompi contaranos sobre GENIVI e como en Magneti Marelli fan uso das tecnoloxías abertas. Sen olvidarnos do proxecto OSVehicle onde aprenderemos sobre a startup que desenvolve un coche en Software Libre.

  3. 03

    Internet of Things

    Grandes empresas como Canonical ou Intel falarán da seguridade ao redor do Internet das Cousas. Ademáis, terás a posibilidade de presenciar relatorios que falan do "Internet das Vacas", "Transformando o mundo industrial PLC con Internet das Cousas" ou como se "Convirte a túa casa nun Smart Home"

  4. 04

    Conferencias

    Porque escoitarás aos relatores/as responsables dalgúns dos proxectos na crista da innovación. Estes son algúns dos relatores/as desta nova edición:
       * Victor Tucson Palau. Vicepresidente de Canonical.
       * Roberto Zompi. Vicepresidente de GENIVI e Enxeñeiro Avanzado en Infotaiment para Magneti Marelli. Convidado por R.
       * Dominig ar Foll. Arquitecto Software en Intel Open Source.
       * Jim Groom. Director da división de tecnoloxías de enseñanza e aprendizaxe na Universidade de Mary Washington
       * Tin Hang Liu. CEO de OSVehicle.​

  5. 05

    Networking

    A través das reunións bilaterais, encontros en pausas de café e o evento social do xoves ás 21 horas, LibreCon 2015 será un lugar propicio para xerar novos contactos e facer networking.

  6. 06

    Negocios

    Co obxectivo de compartir coñecemento e xerar negocio, máis de trinta charlas e talleres de un gran número de empresas e representantes nacionais como Igalia, ASPGems, Irontec, Televes IBM, SuSE, Microsoft ou Teléfonica estarán presentes na LibreCon 2015.

  7. 07

    Edupunk

    Hai lugar para a independencia e a creatividade dentro da informática institucional? Podemos cambiar a localización do control cando se refire á web persoal e á recoleción de datos? Son preguntas que Jim Groom nos responde no seu relatorio sobre EDUPUNK, a resistencia ó complexo militar, consumidor e industrial que erosiona a infraestrutura da web aberta.

  8. 08

    Librekids

    As máis pequenas e pequenos tamén teñen o seu lugar en LibreCon. Con dous talleres para nenos e nenas o venres á tarde, onde poderán disfrutar de mimadrinha.com, un proxecto creativo e artesanal e de Escornabot, un proxecto que nace dentro do colectivo Bricolabs, asociación coruñesa dedicada ó cacharreo e fomento das tecnoloxías libres.

  9. 09

    Smarthomes

    Internet das cousas estase a converter en tendencia. Nas grandes feiras de tecnoloxía estase a falar das Smart Homes, da conectividade dos dispositivos na casa. LibreCon tamén deixa un lugar para coñecer solucións para as Smart Homes.

  10. 10

    Premios Cluster TIC Galicia

    O Cluster TIC lanza os primeiros Premios Cluster TIC de Galicia dentro de LibreCon, uns premios onde elixirán os mellores proxectos dentro do ámbito da Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e o Software Libre.

  11. 11

    Robots submariños

    O venres á tarde contaremos con unha sesión no exterior da Cidade da Cultura onde OpenROV nos ensinará como funciona un robot submariño desenvolvido en Software Libre.

  12. 12

    Escolas como hacklabs

    As escolas do século XXI deben pasar polas simulacións de traballo colaborativo en base a proxectos que axuden a resolver problemas que acheguen valor social e económico á nosa sociedade. Dentro da área de educación tocaranse os hacklabs como uns dos temas do evento, nun relatorio de Mikel Arbiza