Unha ducia de lemas da loita do cerco
O cerco continúa acampado en San Caetano e xa van nos 40 días alí. As pancartas denuncian a bancarrota á que se ven abocadas as familias coas limitacións impostas ao sector. Van doce olladas do que ven día a día todas as persoas que saen da Sede da Xunta
-
01
Acampada indefinida
Así o manifestou o presidente de Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, Juan José Blanco: "A acampada é indefinida; seguiremos loitando, coma se temos que estar aquí ata fin de ano"
-
02
Cotas xustas
Reclámanas por unha solución aos barcos artesanais dos que dependen, segundo din, uns 1.400 postos de traballo directos e uns 5.000 indirectos no país.
-
03
Diferenzas na xarda e o xurelo
A problemática vén de lonxe e xa o repartimento das cotas da xarda entre as diferentes autonomías provocara importantes protestas. Pero co xurelo a situación agrávase ao supor os ingresos maioritarios do cerco en Galicia.
-
04
O Goberno central, no allo
O conflito chega logo de que o Goberno central, tras un acordo co sector, fixase as cotas para cada barco baseándose nas capturas históricas dos últimos anos (2002-2012), ademais de ter en conta a capacidade e a tripulación.
-
05
As tendas, dedos acusadores
En diversas tendas os mariñeiros escribiron o que implicaba as perdas de cada barco para as familias.
-
06
E Feijóo?
Os mariñeiros cren que a conselleira de Mar e o presidente Feijóo "queren arranxar sen arranxar, favorecer uns e prexudicar outros nun enfrontamento de frota que non había"
-
07
Traizón
"Feijóo traizoa os galegos", podía lerse nos carteis que portaban varios dos manifestantes e que quedaron despois no campamento
-
08
As condicións históricas
Coas condicións actuais de repartimento, e dependendo das condicións históricas de cada embarcación, hai quen dispón duns 5.000 quilos de xurelo ao ano e mesmo quen só pode pescar 1.000.
-
09
As quendas
Os mariñeiros repártense en quendas para quedar no campamento. As distraccións son variadas: as cartas unha indispensable
-
10
As recomendacións
As tendas de loxística gardan mensaxes de limpeza e os resultados de partidas de cartas.
-
11
E o futuro?
"Están a marxinar as familias que son o futuro de mañá", asegurou Juan José Blanco, presidente de Acerga
-
12
Ata cando?
Polo momento, semella que as solucións da Xunta son parciais e non definitivas a un conflito que ameaza con continuar no tempo.