Unha ducia de vídeos para albiscarmos o futuro do galego
LGx15 é unha iniciativa da Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua que pon sobre a mesa unha morea de argumentos a prol do futuro do idioma en todos os ámbitos, dende a creatividade cultural e as artes ata as profesións máis diversas. No inicio da publicación das intervencións da súa segunda edición mergullámonos nos arquivos da CTNL para renovar os folgos e as ideas para o galego do futuro.
-
01
María Yáñez - Primavera millenial para o galego
A xornalista, comunicadora e "costureira de internet" bota man dun aquel de nostalxia oitenteira e noventeira para nos amosar que a rede está inzada de ideas en galego
-
02
Alberte Lamazares - O galego tamén é para falar
Alberte Lamazares traballa como labrego en Rodeiro e ten claro que o galego serve para namorarse, para soñar, para enfurruñarse... E mesmo para falar!
-
03
Xenderal - Tírame da lingua
Xenderal, Carlos Gende, bota man da caixa de ritmos, do rap e ais do reggae para nos tirar da lingua.
-
04
Luís Iglesia - O audiovisual que para o galego merecemos
Luís Iglesia é unha das voces máis coñecidas -e queridas- do audiovisual galego como actor, actor de voz e mais de dobraxe. Actúa, dirixe e tamén canta. Dende a humildade reflexiona sobre a importancia que para a lingua propia de Galicia ten o audiovisual.
-
05
María Lado e Lucía Aldao - A colocación dos pronomes
Unha das eternas batallas! É moito máis doada gañala ao xeito de María Lado e Lucía Aldao.
-
06
Xurxo Mariño - Construción da mente consciente a través da lingua
O neurocientífico Xurxo Mariño explica as relacións entre cerebro, mente e lingua.
-
07
Lara Tigre - O que tal hai na música galega
Lara Tigre (moi semellante á xornalista e poeta Xiana Arias...) debulla dende a súa experiencia radiofónica, artística e musical a morea de creatividade e estilos que hai na música galega.
-
08
Alba María - Pretéritas perfectas
O galego tamén é creatividade como a que está por tras das letras e as músicas de Alba María. Neste tema fala das Carmiñas e Carolinas que navegan e namoran polas rúas.
-
09
Manuel Núñez Singala - Escolle non escoller
O sociolingüista e escritor lanza dende o escenario reflexións para desmontar prexuízos en torno ao uso do galego e a escolla de idiomas.
-
10
O galego é - Carmen Grimaldi
Carmen Grimaldi é unha xornalista gaditana á que a vida a trouxo a Galicia e ao galego. Aquí debulla a súa relación co noso idioma e os muros que saltou con el nestes anos.
-
11
Xenderal - Longas merendas
O Xabarín marcou tanto a rapazada quen di con convencemento que se pode falar dunha Xeración Xabarín. Xenderal dedicoulle unha canción a aquelas longas merendas entre fuciños e cacheiras.
-
12
María Lado e Lucía Aldao - Lingua proletaria bilingüe
As AldaoLado botan mando humor para trazar coa poesía unha caricatura dos "grupúsculos" que aseguraban ser vítimas da "imposición" do galego