Unha ducia de restos arqueolóxicos da Terra Chá no Museo de Vilalba
A venta frustrada por parte do Ministerio de Facenda do xacemento arqueolóxico do acubillo de Pena Grande, na parroquia vilalbesa de Santaballa, puxo o foco no traballo de investigación que hai décadas que vén facendo o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Percorremos as súas instalacións e amosamos en orde cronolóxica unha ducia dos restos arqueolóxicos e paneis divulgativos que enchen as súas salas a xeito de invitación a contemplalos in situ.
-
01
Molar de rinoceronte da Cova da Valiña (Castroverde)
A Cova da Valiña, en Castroverde, foi habitada hai máis de 30.000 anos. Alí se atoparon estes restos de animais, entre eles un molar de rinoceronte de Merck.
-
02
Laminiñas do Paleolítico superior
Laminiñas do Paleolítico superior atopadas en varios xacementos da Terra Cha
-
03
Raspadeiras da Serra do Xistral (Abadín)
Útiles de sílex e seixos do Epipaleolítico recuperados en escavacións na Serra do Xistral (Abadín) e outros xacementos.
-
04
Puntas de frecha de Muras
Puntas de frecha recuperadas de diferentes acubillos baixo rocha como Prado do Inferno (Muras)
-
05
Coitelo de pedra pulida
Coitelo de pedra pulida procedente dun túmulo megalítico da Terra Cha
-
06
Mámoa do Limpadoiro (Vilalba)
Ademais de pezas arqueolóxicas, o Museo de Vilalba reproduce imaxes da ubicación doutros restos arqueolóxicos na comarca, entre eles de varias mámoas e elementos megalíticos.
-
07
Menhir do Carrizo (Vilalba)
Imaxes e textos explicativos do menhir do Carrizo, en Vilalba, e do círculo lítico da Mourela, nas Pontes.
-
08
Necrópole de Roza das Modias (Vilalba)
Roza das Modias, en Vilalba, é unha necrópole megalítica composta por oito mámoas, tres delas con chantos con gravados. A maior das mámoas ten catro das súas sete laxes decoradas con motivos serpentiformes. Está declarada Ben de Interese Cultural (BIC).
-
09
Petroglifo da Idade de Bronce
Xunto cos obxectos e as imaxes dos xacementos, o Museo de Vilalba tamén conserva un petroglifo da Idade de Bronce.
-
10
Tipos de castros da Terra Cha
Plantas dos castros de Codesido, Xoibán e Corbelle, os tres en Vilalba.
-
11
Cerámica do castro de Vixil (Vilalba)
Detalle dos gravados dunha cerámica atopada no castro de Vixil, en Vilalba.
-
12
Fragmento de torques
Fragmento de torques e ferramentas procedentes de varios castros galegos.