0 Gardados para despois

Praza Pública

Unha ducia de vídeos finalistas de Youtubeir@s

Esta semana coñecéronse os 26 vídeos que pasan á final da edición 2018 de Youtubeir@s, o certame organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove, das Universidades de Coruña, Santiago e Vigo, e da Deputación da Coruña. Este ano presentáronse 229 creacións en galego, un número moi importante dos que sairán os gañadores e gañadoras nas oito categorías existentes. Os premiados e premiadas daranse a coñecer o vindeiro 20 de abril nunha gala que se celebrará no Teatro Colón da Coruña

  • 'Como dar cartos ás agachadas'

    Juan O Choio conta "cousas de vellos" na súa canle de Youtube, uns vídeos que están a converterse en todo un fenómenos da rede galega. En Youtubeir@s é finalista en dúas categorías: proposta youtubeira e vídeo-facermos, ensinándonos "Como escaquearse dunha comida familiar" e "Como dar cartos ás agachadas"

    'Como dar cartos ás agachadas'

    As Cousas do Choio
  • "A expedición Balmis e a vitoria da vacinación"

    Xacobo de Toro Cacharrón fálanos neste bioclip sobre "A expedición Balmis e a vitoria da vacinación", a primeira expedición humanitaria para levar a vacina da varíola a outros continentes, e que partiu do Porto da Coruña, empregando como contedores un grupo de nenos orfos. Nela viaxiaría a primeira muller enefermeira da historia, a ordesa Isabel Zendal

    "A expedición Balmis e a vitoria da vacinación"

    Xacobo de Toro Cacharrón
  • 'Review nostálxica: Discoteca El Bosque'

    Edu Fernández (xa coñecido por outras achegas coma Chica de la Coru ou Total Curator) publicou hai tres meses esta "review nostálxica" sobre a discoteca coruñesa El Bosque, "un dos clubes de festa máis célebres da pasada década. Party Hard en Galicia"

    'Review nostálxica: Discoteca El Bosque'

  • O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)

    Aquel -e  é finalista nas categorías de eficiencia comunicativa e na proposta youtubeira (por "Galiza a Eurovisión"). Neste vídeo ponse "intenso" coas "palabras bonitas" como morriña, axóuxere, luscofusco... 

    O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)

    aquel -e
  • 'Tempo de decidir'

    Nubes baixo ti, finalista en dúas categorías (canle e calidade técnica), reflexiona neste vídeo sobre as vocacións e as carreiras profesionais, animando a "facer o que che gusta".

    'Tempo de decidir'

    Nubes Baixo Ti
  • 'Recordos'

    Este vídeo de Tito FM é finalista nas categorías de video-opinarmos e calidade técnica, unha marabilla feita con retallos de vídeos caseiros cos que percorre a súa vida.

    'Recordos'

    Tito FM
  • 'Descubrindo as palabras | Encaldabourada'

    "Encaldabourada" é unha palabra que ao parecer só se usa nunha parroquia da comarca Monterrei, referida á auga cando está turbia. Anduriña TV descóbrenola neste vídeo.

    'Descubrindo as palabras | Encaldabourada'

    Anduriña TV
  • 'Fareleiro18 enzoufeime todiña!'

    Este vídeo de susanasusue amosa á perfección como se vive dende dentro o domingo fareleiro de Xinzo de Limia. "A Praza Maior queda despois da liorta como se caera unha nevada", cóntanos. Comeza a troula, comeza o Entroido!

    'Fareleiro18 enzoufeime todiña!'

    susanasusue
  • 'Como distinguir as bandeiras LGBT+'

    Carolina G. ensínanos neste vídeo, finalista na categoría de eficiencia comunicativa, a identificar as distintas bandeiras da comunidade LGTB e os elementos e cores que as compoñen e o que significan. "Se entendemos estas bandeiras estaremos máis cerca dunha sociedade diversa e aberta de mente", di.

    'Como distinguir as bandeiras LGBT+'

    Carolina G.
  • 'FART@ DE TANTAS VARICES'

    "A todas e a todos nos gusta ter as pernas lisas, brillosas, exfoliadas, suaves... Pois eu xa sei como". Chola & Lola achégannos consellos para ter unhas pernas de primeira... e sen varices. Finalista na categoría de vídeo-facermos.

    'FART@ DE TANTAS VARICES'

    Chola & Lola
  • Reivindicación oceánica!

    Xosé Iglesias é finalista na categoría de calidade lingüística por este vídeo gravado en Cee e Corcubión, no que colabora Belèm Tajes, actual cantante de Luar na Lubre. "Outro berro máis por este mar preso en leis e en individuos alleos totalmente aos nosos problemas e ao noso sector", di.

    'Reivindicación oceánica!'

    Xosé Iglesias