Praza Pública

Unha ducia de propostas de María Victoria Moreno para a rapazada

Mestra de profesión, a obra de María Victoria Moreno, á que está dedicado o Día das Letras Galegas deste ano, abrangue moi diversos ámbitos, pero é na literatura infantil e xuvenil no que destacou. Aquí vai unha ducia das súas achegas ao xénero, tanto de obras propias como de traducións de obras alleas.

  1. 01

    Mar adiante

    A súa primeira obra converteuna nunha pioneira na literatura infantil en galego. Mar adiante (Historias de nenos para nenos). Sada, Ediciós do Castro, 1973. Aquí, nunha imaxe dunha edición de Xerais.

  2. 03

    Leonardo e os fontaneiros

    O seu amor polos animais reflíctese de xeito aberto en Leonardo e os fontaneiros. Vigo, Galaxia, 1986.

  3. 04

    O cataventos

    O cataventos. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1989. Como outras obras de Moreno, foi reeditada posteriormente por outras editoriais, Urco neste caso.

  4. 05

    Anagnórise

    O seu gran éxito foi esta obra dirixida ao público xuvenil. Anagnórise. Vigo, Galaxia, 1989.

  5. 06

    ¿Un cachiño de bica?

    ¿Un cachiño de bica? Vigo, SM, 1994.

  6. 08

    A brétema

    A brétema. Vigo, Ir Indo, 1999, tamén reeditado posteriormente por Urco.

  7. 10

    Eu conto, ti cantas

    O seu último libro publicado en vida foi en verso e tamén dirixido aos máis novos. Eu conto, ti cantas. Vigo, Xerais, 2005.

  8. 11

    Mecanoscrito da segunda orixe

    Ademais de escribir as súas propias obras para a mocidade, Moreno tamén traduciu. Neste caso, pasou ao galego unha das obras máis recoñecidas da literatura xuvenil catalá, de Manuel de Pedrolo. Mecanoscrito da segunda orixe. Vigo, Galaxia, 1989.

  9. 12

    El perro Rin y el lobo Crispín

    Tamén á inversa, Moreno traduciu do galego ao castelán, como este conto de Carlos Casares. El perro Rin y el lobo Crispín. Barcelona, La Galera, 1987, publicada orixinalmente en Galaxia.