Unha ducia de moléculas relacionadas co outono
Chega o outono e con el moitas novidades: os cambios nas follas das árbores caducas, o comezo da tempada micolóxica ou a chegada dos magostos. E como todo é química, velaquí unha ducia de moléculas presentes nestes acontecementos.
- 
                             01 01ClorofilaA clorofila é un composto que lle confire a cor verde ás follas. En outono prodúcese menos cantidade, o que fai que as follas perdan verdor. 
- 
                             02 02LuteínaA luteína é un composto químico pertencente ao grupo das xantófilas. É un pigmento amarelo que se atopa nas follas ao chegar o outono. 
- 
                             03 03BetacarotenoO betacaroteno é un pigmento que lle proporciona ás follas a coloración laranxa e castaña. 
- 
                             04 04AntocianinaA medida que a concentración en azucre das follas aumenta, os raios do sol activan a produción de antocianina, que causa os tons avermellados. 
- 
                             05 05Alfa-amanitinaA alfa-amanitina é un composto tóxico presente no cogomelo Amanita phalloides, que é considerada unha das especies máis tóxicas para os seres humanos. 
- 
                             06 06MuscarinaA muscarina é un alcaloide tóxico que se atopa na Amanita muscaria e que provoca salivación, lacrimación e trastornos neurolóxicos. 
- 
                             07 07MuscimolO muscimol é o compoñente psicoactivo responsable, xunto coa muscarina, dos efectos psicotrópicos da Amanita muscaria. 
- 
                             08 08Ácido iboténicoO ácido iboténico é un composto que se produce de xeito natural no fungo Amanita pantherina. É un aminoácido poderosamente neurotóxico. 
- 
                             09 09OrellaninaA orellanina é unha micotoxina que se atopa en varias especies de fungos velenosos da familia Cortinariaceae. 
- 
                             10 10AugaA auga é o pricipal compoñente da castaña. É a responsable de que estoupen cando as pomos ao lume, xa que coa calor, a auga evapórase e crea unha presión entre o froito e a súa codia. 
- 
                             11 11GammabutirolactonaA gammabutirolactona é un composto que lle proporciona á castaña o sabor suave e acaramelado. 
- 
                             12 12Furfural12) O furfural é un aldehido aromático que proporciona sabores doces e leñosos á castaña.