Unha ducia de vitaminas
As vitaminas son compostos heteroxéneos que o organismo non pode sintetizar, polo que a única forma de obtelos é a través da inxestión directa. Adoitan clasificarse segundo a súa solubilidade en auga (hidrosolubles) ou en lípidos (liposolubles). Da man de Moléculas en Galego repasamos unha ducia (máis unha) delas.
- 
                             01 01AA vitamina A é unha vitamina liposoluble presente en certos vexetais e produtos animais, necesaria para a formación e mantemento dos tecidos epiteliais (especialmente da retina) e para o desenvolvemento normal do tecido óseo, ademais de ter outras funcións fisiolóxicas. 
- 
                             02 02B1A vitamina B1, ou tiamina, é esencial para o crecemento e axuda a manter o funcionamento do corazón e dos sistemas nervioso e dixestivo. A carencia desta vitamina produce unha enfermidade con sintomatoloxía nerviosa denominada beriberi. 
- 
                             03 03B2A vitamina B2, tamén coñecida como riboflavina, é crucial para a produción de enerxía no organismo e tamén para desintoxicalo de substancias nocivas. As súas fontes naturais son as carnes, os produtos lácteos, os cereais, os fermentos e os vexetais verdes. 
- 
                             04 04B3A vitamina B3, ou niacina, elimina as substancias tóxicas do corpo, polo que se utiliza en tratamentos de control do colesterol. Atópase principalmente no lévedo, o fígado, as aves, as carnes sen graxa, os froitos secos e os legumes. 
- 
                             05 05B5A vitamina B5, ou ácido pantoténico, desempeña un papel moi importante no funcionamento do metabolismo celular e dos sistemas nervioso e inmunitario. Esta vitamina hidrosoluble utilízase no tratamento da alopecia, enfermidades das unllas e para as cambras durante o embarazo. 
- 
                             06 06B6A vitamina B6, tamén coñecida como piridoxina, permite a formación de anticorpos co fin de previr enfermidades e fortalecer o sistema inmune. É moi popular entre os deportistas xa que incrementa o rendemento muscular e a produción de enerxía. 
- 
                             07 07B7A vitamina B7, coñecida tamén como vitamina H ou biotina, é unha vitamina hidrosoluble que se atopa nas células vivas. Alivia as dores musculares, o eccema e a dermatite, e tamén axuda a combater a depresión e a somnolencia. 
- 
                             08 08B9A vitamina B9, ou ácido fólico, é necesaria para o funcionamento dos nervios e do cerebro. As espinacas, os grelos ou as leitugas son unha boa fonte desta vitamina. 
- 
                             09 09B12A vitamina B12 é indispensable para a formación de glóbulos vermellos, a rexeneración de todos os tecidos e o crecemento corporal. Está presente en moitos alimentos de orixe animal e o seu déficit ocasiona anomalías hematolóxicas, coma anemia macrocítica ou anemia perniciosa. 
- 
                             10 10CA vitamina C é un potente antioxidante que ten como principal función a hidroxilación do coláxeno, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, os dentes, os tendóns e as paredes dos vasos sanguíneos. A súa carencia causa escorbuto. 
- 
                             11 11DA vitamina D é a encargada de regular o paso do calcio aos ósos. A súa carencia provoca raquitismo nos cativos e osteomalacia en adultos. Está presente en alimentos como o leite ou o ovo. 
- 
                             12 12E e KA vitamina E actúa como antioxidante na síntese do pigmento hemo, que é unha parte esencial da hemoglobina dos glóbulos vermellos. O aceite de xirasol, as avelás ou as noces son unha boa fonte desta vitamina liposoluble. Moi vinculada co sangue está tamén a vitamina K, unha vitamina lipofílica (soluble en lípidos) e hidrófoba (insolubles en auga). Principalmente é requirida nos procesos de coagulación do sangue, pero tamén serve para xerar glóbulos vermellos. As verduras de folla verde escuro son unha boa fonte desta vitamina.