A petroleira Pemex investirá 57 millóns de euros no porto exterior da Coruña

Instalacións de Pemex © Iberorusa.com

Punta Langosteira acollerá a base loxística da petroleira Pemex en Europa. Así o di polo menos a Xunta, que vén de facer pública a convocatoria oficial para a sinatura da solicitude de outorgamento dunha concesión para a instalación de terminal da compañía azteca no porto exterior da Coruña, unha infraestrutura para a mestura de hidrocarburos. 

A chegada de Pemex suporía un investimento directo de 70 millóns de dólares (57 millóns de euros) para a montaxe da infraestrutura que permitirá a distribución dos seus graneis líquidos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegura que a presenza da compañía mexicana suporá un incremento do tráfico do peirao coruñés de entre 8 e 10 millóns de toneladas ao ano, un 20%, así como un incremento dun 15% no negocio.

Pemex solicita 3 hectáreas en Langosteira para a primeira fase do proxecto, polas que pagará uns 26 millóns de euros, segundo cálculos da firma. Así, converterase no primeiro operador da terminal exterior, tal e como confirmou Feijóo logo de saír da xuntanza mantida este veneres co director xeral de Pemex, , Juan José Suárez Coppel. "O porto da Coruña xa ten o seu principal cliente, nada menos que a principal empresa de América Latina", presumiu o presidente da Xunta.

Do que non falou Suárez Coppel foi da construción de buques en estaleiros galegos, aínda si que asegurou que o acordo para punta Langosteira é "o comezo" do que agarda sexa unha relación empresarial sólida con Galicia. Feijóo foi moito máis optimista e asegurou que este venres era "un día histórico" para o país e que "a partir de setembro" empezaranse a formalizar contratos "para inmediatamente encher as gradas" dos estaleiros galegos, aínda que o representante de Pemex nada diso sobre ese acordo.

HABERÁ AMPLIACIÓN

Instalacións de Pemex © Iberorusa.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.