O Tribunal Supremo anulou este luns a doutrina que avalaran tres sentenzas: que son os bancos, e non os clientes, quen deben pagar o imposto das hipotecas. Os xuíces do Pleno do Contencioso-Administrativo acordaron por 15 votos a 13 que sexan os clientes quen fagan fronte ao Imposto de Actos Xurídicos Documentadose non os bancos.
O maxistrado Díez-Picazo entendeu que a sentenza supuña "un xiro radical" con "enorme repercusión económica e social" e tomou a inédita decisión de que o Pleno revisase a doutrina consolidada en sentenzas
O presidente da Sala, Luís Díez-Picazo, convocou o Pleno 24 horas despois de que a sección segunda sentenciase a prol dos clientes ao dar a razón á Empresa Municipal de Vivenda de Rivas Vaciamadrid. Os xuíces anularon un artigo da lei que establecía que o Imposto de Actos Xurídicos Documentados debía pagalo o cliente e non o banco. Os maxistrados entenderon que debían ser as entidades quen abonasen o tributo, porque eran as interesadas na realización dese negocio.
Pero Díez-Picazo entendeu que esa sentenza -contraria a dúas resolucións anteriores- supuña un "xiro radical" na xurisprudencia que ha provocaba unha "enorme repercusión económica e social" e enviouna a Pleno. Esta era unha decisión inédita, xa que supuña revisar unha doutrina consolidada nunha sentenza, cando o normal é reunir a todos os maxistrados, se é necesario, antes de que se produza o ditame.
Billetes de diversos valores / Petr Kratochvil
O inicio das deliberacións para a decisión final, este luns, prolongouse durante unhas oito horas e evidenciou xa a profunda división entre os 28 xuíces: dos nove primeiros en intervir, cinco situáronse a prol dos bancos e catro a prol da clientela. Esa división mantívose durante a reunión deste martes, ata que a última hora se produciu a axustada votación.
A banca leva dúas semanas inmersa nunha campaña de presión para evitar que o alto tribunal lle fixese pagar ese imposto
Os xuíces tiveron estes días sobre a súa mesa tres opcións: que pagase a banca, que o fixesen os clientes con posibilidade de recorrer sobre as hipotecas asinadas no últimos catro anos, ou dar a razón aos clientes pero sen posibilidade de reclamar o xa pago.
A banca leva dúas semanas inmersa nunha campaña de presión para evitar que o alto tribunal lle fixese pagar ese imposto. A axencia de cualificación Moody's calculou que, se clientela podía reclamar, os bancos debían afrontar o pago de ata 2.300 millóns de euros. A ministra de Facenda, María Jesús Montero, elevou esa cifra este martes até os 5.000 millóns.