O acordo de Paradores salva do peche os centros de Ferrol e Verín pero mantén os 19 despedimentos no Hostal

Concentrarción ante o Parador de Ferrol © http://artabra21.blogspot.com

Paradores e sindicatos chegaron a un acordo sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola empresa, que implica que haberá 350 despedidos pero que limita os peches de establecementos previstos ao de Puerto Lumbreras (Murcia) e reduce os peches parciais anunciados. Nun primeiro momento a empresa propuxera o despedimento de 450 empregados indefinidos (85 deles en Galicia), nunhas medidas que tamén incluían o peche definitivo dos paradores de Ferrol e Verín e o parcial, de 5 meses ao ano, dos de Tui, Vilalba, Monforte e Santo Estevo. Isto obrigaba a 119 traballadores destes centros a pasar os seus contratos de indefinidos a fixos descontinuos.

Prevese o peche estacional durante catro meses ao ano dos establecementos de Vilalba e Verín, durante tres meses ao ano do de Tui, e do de Monforte durante 40 días. Ferrol, Verín e Santo Estevo salvan dos peches

No acordo ao que chegaron CC.OO. e UGT coa empresa prevese o peche estacional durante catro meses ao ano dos establecementos de Vilalba e Verín, durante tres meses ao ano do de Tui, e do de Monforte durante 40 días. Ferrol, Verín e Santo Estevo sálvanse dos peches.

Porén, mantéñense unha parte moi importante dos despedimentos e, por exemplo, no caso do Hostal dos Reis Católicos de Santiago o número de traballadores que perderán o seu emprego segue sendo de 19, os mesmos que figuraban no plan inicial. O Comité de empresa do establecemento compostelán, o único de todo o Estado xunto co de León que conta cun convenio propio, denuncia en primeiro lugar que este acordo non tivo en conta este feito e que non respectou a capacidade de representación e negociación do devandito Comité. Ademais alerta de que este proceso vai facilitando o camiño para unha inminente privatización dos Paradores en toda España e lembra que mantén en marcha unha denuncia colectiva diante do Dirección Xeral de Inspección Laboral pola "usurpación" da súa representación.

O Comité de empresa do Hostal alerta de que este proceso vai facilitando o camiño para unha inminente privatización dos Paradores en toda España

A dirección de Paradores aceptou incrementar as indemnizaciones, que serán de 25 días por año traballado cun máximo de 20 mensualidades. A cambio, acórdase a redución da xornada laboral de 400 traballadores nun 25%, así como a reducción e eliminación dalgúns complementos salariais e retribucións variables, a supresión de dous días de asuntos propios.

Concentrarción ante o Parador de Ferrol © http://artabra21.blogspot.com
Mobilización dos traballadores diante do Hostal CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.