Rajoy promete que o AVE chegará a Galicia en 2018, no discurso que protagonizou o acto de inicio do curso político, que o PP celebrou esta mañá en Soutomaior
Fálase
Esta mañá estase celebrando na Coruña o acto de homenaxe da AELG e o colectivo Arteu a Bernardino Graña, no que participaron medio cento de poetas é músicos e que contou coa colaboración da UDC e a RAG. Pola tarde haberá un percorrido en barco pola costa coruñesa e a seguir, os asistentes desprazaranse a pé dende a dársena até o reitorado da Universidade, que acollerá no seu paraninfo a segunda parte dos actos.
Os antidisturbios cargan contra un grupo de afectados polas preferentes que protestaban na entrada a un acto do PP en Soutomaior (imaxe via @alikense)
A candidatura de Pachi Vázquez á Presidencia da Xunta é aprobada por aclamación, con apenas un voto en contra dun dos militantes presentes no Comité Nacional do PSdeG-PSOE.
Vázquez acusa a Feijoo de ter pasado "tres anos e medio pensando en si mesmo", "paseando" e "escaqueándose" dos problemas. Esíxelle a celebración de debates electorais "a dous, a tres ou a vintecatro, pero que haxa debates".
Finalmente, o líder do PSdeG-PSOE promete que se é presidente anulará o decreto sobre a lingua galega aprobado en solitario polo Partido Popular. Defende que "o galego nunca provocou ningún problema até que Feijoo chegou ao poder". Tamén reivindica que "Galicia é unha nacionalidade histórica" e que "non dará un paso atrás" nos dereitos conquistados.
Vázquez tamén se compromete nos 100 primeiros días de Goberno a anular os concertos cos centros educativos que segreguen por sexo. Tamén se compromete a aumentar o investimento en investigación.
Vázquez afirma que se vai centrar, sobre todo, en tres colectivos: mozos sen traballo, mulleres e parados de longa duración. Tamén nos pensionistas, aos que lle garante que non pagarán os seus medicamentos, seguindo o modelo que puxo en marcha Patxi López en Euskadi.
Vázquez anuncia que, se é elixido presidente, nos 100 primeiros días de Goberno subirá o IRPF ás rendas máis altas. Tamén recuperará o imposto de patrimonio, creará novas taxas para as grandes áreas comerciais e subirá os impostos medioambientais. Tamén propón un imposto para a banca.
Pachi Vázquez afirma que se achega "o tempo do cambio". Fai fincapé na defensa do público e na defensa dos dereitos sociais. Fai unha proposta para "saír da crise sen deixar a ninguén atrás".