A futura Lei de Espectáculos que prepara a Xunta prevé ata 30.000 euros de multa no caso de "falta de respecto ou provocación intencionada do artista cara ao público con risco de alterar a orde", segundo o anteproxecto que adianta La Voz
Fálase
O Goberno central decide adiar a súa polémica reforma da lei do aborto, segundo informou a vicepresidenta Sáenz de Santamaría a un grupo de xornalistas no Congreso. Recólleo Galiciaé
Persoal da factoría ourensá de T-Solar inicia un peche indefinido na propia fábrica ata que haxa unha "solución" para a continuidade da actividade e do persoal. En La Región
Portugal está inmersa nunha importante crise política tras a dimisión do ministro de Estado e líder do CDS-PP, Paulo Portas. O primeiro ministro, Pedro Passos Coelho, asegura que non vai dimitir, aínda que a súa maioría está agora en cuestión. No xornal Público.
O Consello de Estado alerta de que a reforma local que prepara o Goberno central vulnera a Constitución. Entre outros aspectos, censura o reforzamento das deputacións, segundo sinala La Voz
Angela Merkel sinala, nunha entrevista con varios xornais europeos, que "os ricos poderían ser moi útiles" na actual crise. Considera "lamentable" a súa "escasa responsabilidade". En El País
Rubalcaba enfróntase a IU no Congreso dos Deputados por equiparar as súas políticas coas do PP. Cóntao El Diario
Almunia apraza ata a semana que vén a xuntanza co ministro Soria e Feijóo polo tax lease.
Xa está operativa a web 4gotas, con información meteorolóxica en galego e castelán e múltiples posibilidades de personalización. Por tras deste proxecto están Carlos F. Balseiro, Pablo Carracedo, Beatriz Hervella e Eduardo Penabad
A Xunta informa de que Feijóo recibiu este mediodía en Monte Pío ao escritor Paulo Coelho. O Goberno di nun comunicado que ambos conversaron "sobre Galicia" e que o autor parabenizou o presidente polo Camiño de Santiago.