Pontón e Besteiro coinciden en pedir á Xunta que triplique o orzamento para a lingua galega
En senllos actos na Coruña polo Día das Letras, os líderes de BNG e PSdeG censuran a política lingüística do goberno de Rueda, ao que piden máis recursos para a normalización e o impulso do idioma.
Os xefes de Urxencias denuncian graves eivas e o Sergas négaas todas
Os coordinadores de dez destes servizos hospitalarios en Galicia acusan nun duro comunicado á Consellería de "bloquear" a contratación de profesionais e lamentan falta de persoal, carencias informáticas e "discriminación" fronte a outros profesionais. Sanidade responde negando as denuncias e reivindicando o seu labor.
O convenio estatal do téxtil, que segue sen asinarse, volve sacar á rúa as dependentas en folga
Centos de traballadoras do sector volveron manifestarse contra o convenio que negocia a patronal ARTE con Fetico e CCOO, que volverán reunirse a finais do mes de maio, e insisten en pedir un acordo interprofesional en Galicia que blinde os convenios provinciais.
O Consello da Cultura pide máis recursos para a ciencia en galego: "O algoritmo non xoga a favor"
Un informe da entidade advirte do "devalo" da divulgación científica en lingua galega nas redes sociais e pide máis recursos, recoñecer o idioma como un valor engadido e que a TVG e a Radio Galega se impliquen máis: "A presenza da ciencia nas redes sociais dos medios públicos é case inexistente".
Tres de cada dez incendios en Galicia comezaron de noite durante 2025
Os datos completos dos fogos do pasado ano, logrados e liberados por Praza, acreditan que un terzo dos rexistrados en agosto iniciáronse tras caer o sol. Expertos advirten de que o pasado verán, "por primeira vez", focos secundarios prenderon de noite malia teren condicións menos propicias. Brigadistas aseguran que, durante esas horas, "todos son intencionados": "Pero hai que diferenciar cal é a intención".
As dependentas do téxtil volven á folga en Galicia contra o convenio estatal
Novo paro convocado este luns por CIG e UGT para rexeitar o preacordo asinado entre a patronal ARTE e os sindicatos CCOO e Fetico. O persoal mobilizado reclama un acordo interprofesional galego que blinde os convenios provinciais.
O'Mega suspende a folga médica tras pactar co Sergas "un cambio estrutural nas relacións laborais"
O acordo supón a volta das peonadas, recoñece a singularidade do persoal médico e abre un ámbito de negociación propio. Inclúe a xornada de 35 horas semanais, mellorar o descansos tras as gardas e incrementos retributivos nas horas extras e en complementos, tamén para os MIR.
Máis de vinte marchas por toda Galicia unen a comunidade educativa na loita polo ensino público
Profesorado, familias e alumnado mobilízanse en máis dunha vintena de manifestacións por cidades e vilas galegas contra o "abandono" e a "deterioración" da escola pública.
Alumnado, familias e profesorado: unidade para 25 mobilizacións polo ensino público
Cidades e vilas de toda Galicia acollen na tarde deste 6 de maio protestas conxuntas da comunidade educativa contra o "abandono" e a "deterioración" da escola pública. Falamos con representantes das anpas e das Asembleas Abertas, que advirten da "situación crítica" de moitos centros polo "desleixo" da Xunta.
- Datos
- Economía
Galicia bate marcas no emprego en abril coa metade do traballo creado na hostalaría
O país creou 8.000 postos de traballo, superando os 1,1 millóns de persoas afiliadas, o mellor dato no cuarto mes do ano, onde o paro descendeu en 2.377. Só un terzo dos contratos asinados foron indefinidos, fronte ao 43% no Estado.
- Reportaxe
- Acontece
Barakaldo, "un cachiño de Galicia" en Euskadi: o centro galego máis antigo de Europa fai 125 anos
A segunda entidade da emigración máis antiga do mundo celebra un século e cuarto de vida no País Vasco, onde aínda residen máis de 40.000 persoas galegas e milleiros máis de descendentes. "As novas xeracións non senten tanto a terra coma nós", di Urbano Alba, o seu presidente.
As críticas ao control das baixas pola Xunta irrompe nun Primeiro de Maio marcado pola incerteza global
O anuncio de Alfonso Rueda fixo que á demanda de "traballo digno" e ao rexeitamento ás guerras se unise un berro sindical contra a "criminalización e culpabilización" da clase traballadora" nunha xornada de mobilización que clama tamén por solucións ao problema da vivenda.