De Luns a Venres deixa de publicarse definitivamente en papel. O gratuíto do grupo El Progreso xa pasara de diario a semanario o pasado mes de febreiro e agora, afirma a empresa, continuará unicamente como dixital.
Fálase
As centrais de ciclo combinado para a produción eléctrica a partir do gas natural, e nas que o Goberno gastou máis de 15.000 millóns de euros nos últimos anos, funcionan ao 10% da súa capacidade. Xa se estuda o peche e desmantelamento de varias delas. En Galicia operan dúas delas, en Arteixo e As Pontes.
Un estudo financiado pola UE certifica que os adolescentes usan cada vez menos o Facebook, en beneficio doutras aplicacións, como Twitter, Instagram, Snapchat e WhatsApp.
#consellodaxunta A Xunta declara de emerxencia as obras no santuario do Virxe da Barca
#consellodaxunta A Xunta aproba un ano máis o complemento ás pensións non contributivas, que Feijóo preveu eliminar ao chegar ao Goberno e que agora, asegura, manterá "mentres poidamos"
#consellodaxunta A Xunta "formaliza" a concesión do título de "embaixador do Camiño de Santiago" ao príncipe Felipe de Borbón
O PNV reitera que non apoiará a contrarreforma da lei do aborto malia ao seu carácter democristián. "Non teñen nada que ver as crenzas de cada persoa co que ten que estar ben para regular toda a sociedade", di Andoni Ortuzar nunha entrevista na SER.
O físico da USC Néstor Armesto formará parte dun grupo internacional que estudará o potencial científico dun novo acelerador de electróns no CERN. De levarse a cabo, constituiría o experimento de análise da estrutura da materia de maior resolución xamais construído.
O Ministerio de Facenda ameaza con intervir o Concello de Silleda se non acepta ser rescatado, unha opción que segue rexeitando o Goberno municipal.
Os promotores da ILP que reclama que o SERGAS dote o Hospital Universitario Lucus Augusti de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica 24 horas entregarán este venres no Parlamento 43.858 sinaturas