Multitudinaria manifestación en Lugo para reclamar os servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear para o hospital da cidade, que o PP evita instalar a través de emendas no Parlamento. Cóntao El Progreso
Fálase
A xuíza De Lara imputa o alcalde de Arzúa e o seu antecesor, do BNG, polo pagamento dunhas obras de asfaltado. Recólleo La Voz
El Diario traza un perfil de Alfredo Pérez Rubalcaba tras a súa decisión de abandonar a actividade política en canto deixe a secretaría xeral do PSOE. O PSOE puido con Rubalcaba
A Xunta non abrirá os comedores escolares no verán, senón que inxectará máis fondos para os bancos de alimentos, segundo a conselleira de Benestar. Recólleo Faro de Vigo.
Milleiros de persoas esixen en Lugo os servizos para o hospital que a Xunta leva prometendo dende 2011.
A esta hora preséntase en Compostela a entidade resultante da compra de Novagalicia Banco por parte do venezolano Banesco. Como transcendera hai días, os restos das caixas galegas operarán co nome comercial de Abanca.
A Sala do Civil e Penal do TSXG recibe a exposición razoada da xuíza Pilar de Lara sobre Paula Prado por se os feitos "puidesen ser constitutivos de infracción penal" no marco do caso Pokémon. Agora a Fiscalía terá que elaborar un informe ao respecto.
Rajoy reúnese co ditador de Guinea Ecuatorial, Teodoro Obiang. O presidente español vai participar no cumio da Unión Africana que se celebra no país, onde son reiteradas as denuncias por violacións dos dereitos humanos e a acumulación de riqueza dos seus dirixentes.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca concentracións nas sete cidades e na Mariña para a xornada na que a contrarreforma sexa aprobada no Consello de Ministros, algo que previsiblemente acontecerá este venres.
Os portavoces dos grupos da oposición no Parlamento veñen de entregarlle un escrito á presidenta, Pilar Rojo, no que protestan pola reiterada falta de resposta ás súas preguntas por parte do presidente da Xunta nas sesións de control. Lembran a obriga de Núñez Feijoo de responder as cuestións da oposición, "no canto de inverter os roles e erixirse en interpelante da mesma"