O pleno do Concello de Santiago aproba o cesamento do interventor e do secretario municipais, en cumprimento da sentenza do TSXG que obriga a repoñer nos postos ás persoas que os ocupaban ata que Conde Roa os apartou deles. Agustín Hernández resalta que a decisión se adopta por "imperativo legal".
Fálase
Un total de 1.404 persoas poderán votar nas primarias de Compostela Aberta, que se celebran entre o venres e o domingo. Son as inscricións rexistradas pola comisión electoral da plataforma, que detalla ademais nun gráfico o procedemento de votación.
Monbús: Aumentan a dez as persoas detidas na Operación Cóndor. Segundo publica Europa Press cinco detencións producíronse na provincia de Pontevedra, unha en Lugo e catro máis en Madrid.
O propietario de Monbús é conducido a unha sucursal bancaria de Lugo por axentes de Vixilancia Aduaneira. Alí dirixiuse tamén a xuíza De Lara, segundo informa Radio Lugo
Axentes acuden ao Palacio de Congresos de Galicia, no barrio compostelán de San Lázaro, do que o empresario Raúl López é concesionario, segundo informan fontes consultadas por Praza. Estaría enmarcado na operación da xuíza de Lara sobre Monbús. Máis información, hoxe en Praza.
Hospitalizado o sacerdote e activista social Alfonso Blanco Torrado. O coordinador de Xermolos e impulsor do Festival de Partiñas, entre outras actividades, foi envelenado pero está fóra de perigo, segundo indica El Progreso.
Vixilancia Aduaneira precinta e rexistra a sede de Monbús en Lugo. A empresa de transportes é propiedade de Raúl López, tamén presidente do Obradoiro. Máis información, hoxe en Praza.
A Plataforma SOS Sanidade Pública manifestarase este xoves en 11 cidades e vilas galegas contra os recortes e a privatización da sanidade. Os actos comezarán ás 20 horas en Burela, Santiago, Ribeira, Pontevedra, A Coruña, O Barco, Vigo e Cangas; ás 7 da tarde en Ferrol; ás 6 en Moaña; e ás 11 da mañá en Ourense
A candidatura de confluencia en Ferrol chamarase Ferrol en Común, na que participan EU, Anova e unha boa parte dos inscritos en Podemos en Ferrol. A candidatura espera tamén contar coa participación da Marea Ártabra, que este venres celebra as súas primarias.
Marea Atlántica, BNG e EU esíxenlle a Carlos Negreira a convocatoria dun pleno para que aclare a súa relación cos enchufes denunciados pola xuíza Pilar de Lara.