Varoufakis dimite como ministro grego de Finanzas para facilitar a "negociación dun mellor acordo" cos acredores tas o triunfo do "non" no referendo. Explica a decisión neste post do seu blog
Fálase
#Greferendum Prevese que contra as 8 do serán se coñezan os primeiros resultados. O escrutinio oficial pódese seguir nesta ligazón.
Vence reitera a disposición do BNG a renunciar ás súas siglas para lograr unha "candidatura da nación galega" para as xerais. Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER, na que tamén sinalou a "aspiración" do Bloque para presidir a Deputación da Coruña, se ben este "non é o tema central" das negociacións co PSdeG.
#Greferendum As sondaxes telefónicas das televisións danlle a vitoria ao "non" no referendo grego. O inicio do escrutinio, ao vivo en eldiario.es
A UNESCO inclúe o Camiño Primitivo e o Camiño do Norte a Santiago na lista de Patrimonio Mundial. Vén de confirmalo a Xunta.
#Greferendum Resta apenas unha hora para que rematen as votacións no referendo grego. A xornada e os seguimento dos resultados, ao vivo en eldiario.es
Tsipras chama a derrotar "a propaganda e o medo" tras votar no referendo. eldiario.es está a contalo dende Atenas.
PP, PSOE e Podemos, nun triplo empate técnico cara ás xerais, segundo unha enquisa de Metroscopia que vén de difundir El País.
O Concello de Lalín retira "case 600.000 euros da conta que ten en Bankia" como "sinal de protesta pola gran cantidade de desafiuzamentos que está a executar e por arruinar a moitos empresarios". "É un primeiro aviso", di o alcalde lalinense, Rafael Cuíña, quen advirte de que "ou negocian a dación en pago e o alugueiro social, ou que non conten con cartos públicos".
O cinema compostelán Numax recolleu este sábado o premio ao mellor proxecto cooperativo