O director de Diario de Ferrol pide "disculpas" polo artigo homófobo publicado no xornal. Despois da nota de protesta do persoal, Carlos Miragaya explica que "lo que se pretendía, en un tono jocoso que ha herido la sensibilidad no solo de dicho colectivo sino la de muchos de los que compartimos sus derechos, era reivindicar la celebración de una jornada dedicada a los heterosexuales". Pódese ler aquí o texto íntegro.
Fálase
A Fiscalía da Audiencia Nacional rexeita investigar o financiamento de Podemos. Considera que o coñecido como "informe PISA", elaborado por policías e remitido á Audiencia por un colectivo de ultradereita, é pouco máis ca "un conxunto desordenado de recortes de prensa". Adiántao a SER
Un millón de votos na abstención inclinan o espectro político do Estado á dereita tras o 26X. Gráficos e análise en eldiario.es
Rajoy carga contra unha posible negociación da UE con Escocia: "Se o Reino Unido marcha, Escocia tamén", di en Bruxelas.
A edición 2016 de Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará do 8 ao 14 de agosto na Coruña, homenaxeará a Cervantes e contará con Chris Claremont, creador dos modernos X-Men e cos responsables do novo Corto Maltés. Tamén dedicará unha especial atención ao cómic de temática social.
Crise interna no Partido Laborista británico. O 75% dos deputados da formación apoia unha moción de censura contra Jeremy Corbyn.
A Xunta comeza a campaña contra incendios sen os catro helicópteros que substitúen os avións que perdeu. Os helicópteros non estarán operativos ata agosto e custarán un 80% máis, segundo conta Faro de Vigo.
Un atentado no principal aeroporto de Estambul provoca 36 mortes e 147 persoas feridas. As autoridades turcas apuntan á autoría de ISIS
Susana Díaz inicia unha nova ofensiva contra Pedro Sánchez e prepárase para disputarlle o liderado do PSOE
O xuíz que enviou ao cárcere os monicrequeiros de Madrid desbota agora que enaltecesen o terrorismo. O xuíz arquiva a causa por ese delito pero insta agora a investigar os mozos por se atentaron contra os dereitos fundamentais.