Entra en vigor a ordenanza de uso do galego na Deputación de Lugo, a primeira das institucións provinciais galegas en contar con esta regulamentación. A normativa, que fixa a lingua galega como a oficial para as comunicacións cotiás da entidade, foi aprobada o pasado xuño co voto a prol de todos os deputados agás o non adscrito Manuel Martínez.
