O PP reclama que o Concello de Lugo organice unha xura da bandeira española na cidade para responder á "crecente demanda" cidadá ao respecto. Recólleo El Progreso (Na imaxe, anuncio dun destes actos na Coruña).
Fálase
O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo rexistra espera de ata seis horas en pacientes para ser atendidos en urxencias ao aumentar os casos de gripe. A situación repetiuse nos últimos días noutros centros hospitalarios galegos, coma o CHUAC coruñés, onde se denunciou "colapso", negado pola Xerencia.
Ciudadanos sitúase como terceira forza en intención de voto (18.6%) na enquisa de Celeste-Tel que publica eldiario.es. O PSOE sobe ata o 25,1% e o PP baixa do trinta por cento, mentres que Unidos Podemos cae ata o 16,9%.
O dicionario en liña da RAG superou en 2017 os 20,5 millóns de consultas, un 42% máis que os 14,4 millóns de 2016. Son 56.000 visitas ao día, tantas como termos inclúe.
A Academia Galega do Audiovisual publica en Papeis da Academia unha reportaxe de María Yáñez sobre a nova xeración do audiovisual galego, Nacidos despois de Sempre Xonxa. 14 mozos e mozas de menos de 30 anos aos e ás que haberá que emprestar moita atención.
O Grupo Zeta anuncia o peche das históricas revistas Interviú e Tiempo. Está a contalo eldiario.es
VÍDEO | Cando Rajoy esixía dende Lugo dimisións no Goberno de Zapatero polos atrancos nas estradas por mor das nevadas. O líder do PP lanzara esta esixencia no mesmo mitin en que Feijóo prometera construír o AVE entre Ourense e a capital lucense "con cartos da Xunta". É unha gravación que recuperou El Plural.
O Celta comeza o ano cun importante empate ante o Real Madrid en Balaídos (2-2) nun intenso partido.
O Goberno central descarga a responsabilidade na concesionaria da AP-6 e a empresa e a DGT culpan os condutores.
Abel Caballero reclama "un novo estatus para Vigo en Galicia", acusa a Feijóo de "danar gravemente" a cidade e sinala a oposición por "apoiar antes a Santiago" que ao seu concello. Asegúrao nunha entrevista no Faro de Vigo.