Fernández Liñares, o ex-presidente da Confederación Hidrográfica e antigo edil socialista en Lugo considerado un dos elementos centrais da trama corrupta da Pokémon, asegura que "inventou" a súa confesión porque foi "presionado". Afírmao nunha entrevista que publica El Progreso
Fálase
Montoro reitera que o referendo do 1-O en Catalunya "non se pagou con diñeiro público". Os líderes independentistas están acusados, entre outros delitos, de malversación por suposto desvío de fondos da Generalitat para o proceso soberanista. Son declaracións do ministro de Facenda a El Mundo
Comeza o xuízo na Audiencia Nacional contra oito mozos da localidade navarra de Altsasu acusados de terrorismo por unha pelexa con gardas civís que se enfrontan a unha petición total de 375 anos de cadea tras máis de 500 días en prisión preventiva.
Baltar desbota a Feijóo como remuda de Rajoy á fronte do PP e amósase partidario de que volva concorrer á Presidencia da Xunta en 2020. Afirmouno nunha entrevista Radio Galega
Unha manifestación impulsada pola Federación Galega de Caza defende ante o Parlamento esta práctica como "forma de vida". O colectivo declárase disposto a amosar a súa "fortaleza" nunha xornada de protesta que tamén se desenvolveu noutros puntos do Estado. (Vídeo: FGC)
VÍDEO | Milleiros de persoas maniféstanse en Barcelona pola liberdade dos dirixentes independentistas encarcerados ao berro de "liberdade presos políticos". A convocatoria foi apoiada por colectivos sociais, forzas políticas e sindicatos.
O Goberno de España considera "lexítimo e proporcionado" o bombardeo dos Estados Unidos, Francia e Reino Unidos en Siria. Tras máis de media década de guerra o Executivo de Rajoy dá por confirmado o "uso de armas químicas" no país, que aínda se comezou a investigar este sábado.
O Deportivo da Coruña aférrase á loita pola permanencia tras vencer 2-3 ao Athlétic en San Mamés
As manifestacións en defensa das pensións públicas volven este domingo á rúa. A CIG convoca mobilizacións este mediodía nunha vintena de localidades galegas e CC.OO. e UGT chaman a unirse a unha ducia de convocatorias. O máis destacado das protestas, hoxe en Praza.
O Consello de Seguridade da ONU rexeita a condena aos bombardeos en Siria que promoveu Rusia e que á que se uniron as delegacións de Bolivia e China. O secretario xeral, António Guterres, apelou a evitar unha "escalada" que cause maior "sufrimento" á poboación siria e advertiu de que "non existe solución militar ao conflito, ten que ser política".