Novo caso de violencia machista en Galicia. Unha muller de Chantada está en estado grave despois de que a súa parella lle disparase a pasada noite.
Fálase
O presidente palestino confirma un alto o fogo "amplo e duradeiro" para Gaza, tamén anunciado por Hamas. Recólleo El Diario
A Autoridade Nacional Palestina anuncia un alto ao fogo entre Gaza e Israel que o estado hebreo aínda non confirma, segundo informa a correspondente de TVE na zona
Diario Turing propón catro vías de consumo colaborativo para viaxar en tren con prezos máis económicos.
Prodúcese un accidente en cadea na AP-9, preto da saída de Valga en dirección a Santiago, segundo informa a Radio Galega
O primeiro ministro escocés, partidario da independencia, gaña o derradeiro debate antes do referendo de autodeterminación, segundo un inquérito que publica The Guardian
O PP impedirá que Rajoy compareza no Congreso para explicar a súa reforma electoral. Recólleo Público.es
Case a metade das persoas cun título universitario en Galicia que atoparon emprego o ano pasado traballan en postos que non requiren estudos, segundo un estudo que recolle Faro de Vigo
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en repulsa pola última vítima mortal da violencia machista, Mónica Lorenzo, asasinada este luns polo seu marido en Barro, e súmase ás convocadas por outros colectivos. "Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo". Horas e lugares, na web da Marcha
Unha muller de 38 anos é asasinada polo seu marido en Barro. É a trixésimo sétima vítima mortal de violencia machista no Estado no que vai de ano.