En Fútbol-Sala, empates de Azkar Lugo en Manacor 4-4 e do Burela ante o potente El Pozo 1-1. O Santiago Futsal caeu ante o Santa Coloma 4-2
Fálase
Vitoria do Academia Octavio ante o Guadalajara 29-25. E derrota do Cangas ante o poderoso Atlético de Madrid 31-35. Os vigueses saen do descenso e son 13º na clasificación da Liga Asobal con 13 puntos, un máis que o Cangas, penúltimo.
Comeza a clausura da XIV Asemblea do BNG. A militancia ovacionou intensamente a Guillerme Vázquez ao ser chamado para formar parte do novo Consello Nacional e aclamou a Xavier Vence, que vén de ser elixido portavoz nacional por 1215 votos a favor, 9 en contra e 44 abstencións
Defensa asegura que investigará os malos tratos a detidos en Iraq por parte de soldados españois. En 2005 Amnistía Internacional xa pediu que se investigara o trato vexatorio denunciado por un detido
O PP remite á prensa un comunicado sobre a asemblea "do partido anteriormente coñecido como Bloque Nacionalista Galego", recomendándolle que free a súa "deriva radical" e "se achegue aos galegos" e non "a formacións como Bildu". Os conservadores "lamentan que o BNG só sexa capaz de encher os aforos dos seus actos cando convoca á súa militancia a cambiar de líderes"
Henrique Mariño entrevista a Marcos Ana en Público. O poeta afirma que "hai que quentar a rúa e xestar unha revolta popular" e que España está sendo gobernada realmente polo capital, "o PP é só o seu instrumento".
Yolanda Barcina foi reelixida presidenta de UPN ao impoñerse cun 51,78% a Alberto Catalán. Este triunfo fortalece o goberno conservador en Navarra e afasta a posibilidade dun adianto electoral.
Compromiso por Galicia convida BNG e Anova a unirse nunha única candidatura para as eleccións europeas do vindeiro ano. Aínda non houbo contactos pero Xoán Bascuas espera unha "resposta positiva"
O Lugo derrotou a domicilio 0-1 ao Murcia e mantense na metade da táboa. Na Segunda B o Coruxo caeu 3-0 ante o Atlético de Madrid B.
O plenario da asemblea do Bloque rexeita o voto particular de Abrente ao relatorio político. Defendeuno Carlos Aymerich e a prol das teses interveu Francisco Jorquera.