Varias canles francesas ofrecen xa sinal ao vivo da contorna na que, ás 15:00, comezará a "marcha republicana" a prol da liberdade de expresión e en condena do atentado contra a revista Charlie Hebdo
Fálase
O párroco da parroquia viguesa de Cristo da Vitoria, en Coia, acusa o alcalde de "xerar unha situación de violencia que non existía" coa represión das protestas veciñais contra o gasto de instalar un barco nunha rotonda do barrio. Recólleo Vigo Dixital
Medran as críticas pola asistencia á marcha pola liberdade de expresión en París de dirixentes de Estados que violan este e outros dereitos.
Podemos sería a primeira forza nunhas xerais segundo a enquisa de Metroscopia que hoxe publica El País, segundo a cal o PSOE sería a segunda forza política e o PP, a terceira. O inquérito salienta tamén o ascenso de Ciudadanos.
Tripla vitoria do baloncesto galego: O Obradoiro gañoulle ao Andorra por 78-70 en Sar, o Ourense pasoulle por riba ao Melilla por 80-56 e o Breogán impúxose ao Oviedo por 88-78
Pilar Rojo asegura que "quedaría máis tranquila" se a reforma da lei de eleccións para recortar o Parlamento que Feijóo mantén agora conxelada se produce por "acordo". Afírmao nunha entrevista en La Voz
A ultradereitista Fronte Nacional tenta capitalizar a crise aberta tras o ataque á revista Charlie Hebdo. Unha análise de Paula Rosas dende París para El Diario
Milleiros de persoas secundan en Bilbao a convocatoria do movemento cidadán Sare para reclamar un cambio na política penitenciaria e a fin de medidas como a dispersión de persoas encarceradas.
Vence reivindica a "vixencia do pensamento de Castelao" nunha "Galiza acosada polo centralismo e a propaganda do PP". Fíxoo na homenaxe celebrada polo BNG este sábado en Rianxo, no que formulou a vontade do Bloque para "liderar a derrota" dos populares no "ciclo electoral" que se abre coas municipais.