A Xunta aparca as fusións de concellos até despois das eleccións municipais. Aduce que a proximidade dos comicios lle impide promover novas operacións.
Fálase
Milleiros de persoas (45.000 segundo os organizadores e 4.000 segundo a policía) maniféstanse en Madrid, convocadas por Pacma, contra a festa do Toro de la Vega. A marcha realizou paradas ante as sedes de PP e PSOE.
Ao redor de 200 persoas realizaron un roteiro polo Monte Pindo este sábado, un ano despois do comezo do incendio que arrasou este espazo natural
O BNG avoga por incorporar Galicia aos procesos soberanistas abertos en Catalunya e Escocia. Nun acto público celebrado en Compostela Xavier Vence afirmou que “ou tomamos o futuro nas nosas mans, baixo a nosa responsabilidade, ou podemos vernos conducidos ao esmorecemento en mans de poderes alleos”.
O 70% dos 58 premios fin de carreira nas tres universidades galegas corresponden a mulleres, segundo vén de facer público a Consellaría de Educación
Pilar de Lara solicitoulle ao PP a documentación contable e a tesouraría da formación popular na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol. A xuíza quere rastrear todos os posibes pagamentos de Vendex. De Lara deixa en mans do Tribunal Supremo a decisión de investigar o portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro.
O PP aparcará a lei do aborto, segundo publica El Mundo este sábado. Os populares retirarán a súa proposta polo prexuízo electoral que o proxecto lle está provocando ao partido do Goberno.
A ONU ve espazo legal para abrir causas contra o franquismo, como defendía Baltasar Garzón. O relator de Nacións Unidas, Pablo de Greiff, critica que España non resarcira aínda as vítimas da guerra civil e da ditadura.
Este venres comezou en Compostela o festival cultural WOS INC, que se celebrará até o domingo en distintos espazos da cidade, cunha escollida oferta musical (Red Fang, A Place to Bury Strangers, White Hills, Unicornibot, Sonic Jesus...), performances, coloquios, proxeccións audiovisuais e monólogos.
O Ministerio de Facenda e a Comisión Europea danlle vía libre ao rescate de nove autoestradas quebradas, cunha débeda que rolda os 4.000 millóns de euros, e situadas en Madrid e no Levante.