O Sergas recomenda non saír á rúa en Ourense a persoas "con enfermidades respiratorias e cardíacas" por mor do fume dos incendios
Fálase
Facebook vén de habilitar unha páxina de resposta a crises dedicada aos incendios que afectan á área de Vigo. A web, semellante á utilizada en atentados terroristas e catástrofes naturais, permite que as persoas confirmen que se atopan ben e tamén ofrecer ou solicitar axuda
Rajoy anuncia que se despraza a Galicia por mor dos incendios e apela á "coordinación leal para vencer o lume"
O risco de incendios forestais é este luns alto na maior parte do territorio de Galicia; no interior de Ourense mantense moi alto ou extremo.
O fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, insta a "agardar" para dicir se todos os incendios "son intencionados ou non" todos os incendios que atinxen a Galicia. En declaracións á SER insta a non "especular" ante as "hipóteses" lanzadas polo Goberno galego.
A Xunta confirma unha terceira morte polos incendios, en Carballeda de Avia, avanza Europa Press na súa web.
Comezan a caer unhas primeiras pingueiras de chuvia en Baiona, aínda con 24 graos centígrados pasadas as dúas da madrugada e cos incendios controlados pero aínda preto das casas.
Os incendios seguen a provocar cortes de tráfico e dificultades para circular por numerosos puntos da rede viaria. Nesta ligazón, a información ao vivo.
O incendio que atinxe aos montes de Coruxo obriga a cortar a estrada PO-552 entre Vigo e Baiona á altura das curvas das Roteas. A Dirección Xeral de Tráfico informa en tempo real dos cortes na rede viaria.
Feijóo defende que "o problema non son os medios" para extinguir os incendios, senón "o vento". En declaracións á Radio Galega o presidente da Xunta resalta que "nunca houbo tantos medios" de extinción, pero que a gran "actividade incendiaria", as condicións meteorolóxicas e "asumir os incendios que veñen do país veciños" están a "imposibilitar o control, en Galicia e en calquera lugar do mundo".