O plenario da asemblea do Bloque rexeita o voto particular de Abrente ao relatorio político. Defendeuno Carlos Aymerich e a prol das teses interveu Francisco Jorquera.
Fálase
O plenario da asemblea do Bloque rexeita o voto particular de Abrente ao relatorio político. Defendeuno Carlos Aymerich e a prol das teses interveu Francisco Jorquera.
A Asemblea Nacional do BNG vén de aprobar o informe de xestión da dirección saínte por 1.098 votos a favor, 118 en contra e 58 abstencións #contigo17M
Gervasio Sánchez critica en twitter a El País a raíz da publicación este domingo da nova das torturas de soldados españois en Iraq. Sánchez afirma que o xornal coñecía eses abusos dende había tempo e que os "ocultou". Afirma que tamén o CNI e os ministros de Defensa coñecían estes feitos.
- Guillerme Vázquez vén de pronunciar a súa derradeira intervención como portavoz nacional do BNG, proclamando o seu "orgullo" de ser do Bloque.
Xa está en marcha a Asemblea Nacional do BNG. Toda a información ao longo do día en Praza.
En Vilagarcía de Arousa viviu durante moitos anos e morreu un afillado de Carlos Marx, segundo conta La Voz de Galicia. Charles Lessner era un enxeñeiro de minas inglés que casou con Josefina Porto, filla dos donos da pousada na que se hospedaba.
A Torre de Hércules iluminouse de verde este sábado polo San Patricio. O vínculo da Torre con Irlanda ten a súa orixe no Libro das Invasións.
Faro de Vigo dedica o seu editorial ás peaxes en Portugal, que considera "o maior ataque á Eurorrexión"
O Goberno avanza no camiño de legalizar o fracking. O Consello de Ministros aprobou o 1 de marzo un anteproxecto de lei sobre sistemas eléctricos no que incluiu un apartado de control ambiental para esta técnica.