O Goberno de España envía de urxencia 180 antidisturbios a Catalunya aínda que a competencia de seguridade cidadá dos Mossos. Cóntao El Diario
Fálase
A Xunta limita a venda nas feiras de produtos agrícolas, que deberán estar etiquetados, segundo La Voz
Estoupa un artefacto na casa do Concello de Baralla. O alcalde da localidade, Manuel González Capón, protagonizou o pasado ano unha sonora polémica ao xustificar os crimes do franquismo. Esta mañá o rexedor desvinculou o atentado daquel episodio.
O alcalde de Trazo (PP), xulgado por falsidade documental, asegura que "asino sen ler os papeis que me poñen diante". Recólleo El País
Unha concentración solidarízase en Compostela coa consulta e o dereito de autodeterminación de Catalunya (foto: BNG)
O Sergas cita un neno ao que lle negara o tratamento despois de que a familia llo pedise á Casa Real. Cóntao El País
Milleiros de persoas maniféstanse en múltiples localidades de Catalunya contra a suspensión da consulta polo TC e na defensa do dereito de autodeterminación. Está a contalo Vilaweb
O profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo convértese no primeiro membro galego (e terceiro español) no Comité de Expertos sobre linguas rexionais e minoritarias do Consello de Europa, encargado de velar polo cumprimento da Carta Europea das Linguas Minoritarias
O goberno catalán paraliza "de forma temporal" a campaña institucional do 9N. Porén, o seu portavoz, Francesc Homs, asegura que "onte non rematou a partida" e advirte de que a Generalitat fará todo o posible para que o Tribunal Constitucional levante o veto á consulta.
Traballadores do Canal 24h protestan en directo pola conxelación do orzamento de TVE