A TVG sinala que Federico García Lorca "faleceu", sen mención a que foi asasinado, e suscita a polémica nas redes sociais
Fálase
O escritor e académico Darío Xohán Cabana será o pregoeiro do San Froilán 2015. O nomeamento, di a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez "obtivo o consenso de todos os grupos políticos representados na Corporación, ao tratarse dunha persoa de recoñecido prestixio que reúne sobradamente os méritos e requisitos necesarios"
O aparcadoiro do novo hospital de Vigo é de pagamento dende hoxe. A concesionaria cobrará ata 12 euros ao día e os descontos para doentes crónicos están aínda sen pechar, segundo informa Faro de Vigo.
Os GEO interceptan un veleiro que se dirixía a Galicia con 600 quilos de cocaína. A incautación enmárcase na Operación Santa, da que a Policía ofrecerá detalles esta mañá nunha rolda de prensa en Vigo.
Louzán mantense na corporación provincial de Pontevedra malia prometer que a abandonaría tras as eleccións municipais. Recólleo Europa Press
Máis da metade dos homicidios de mulleres son cometidos polas súas parellas ou exparellas. Cóntao unha reportaxe de eldiario.es
117.000 persoas renunciaron a medicamentos en Galicia no último ano por non poder pagalos. Son un 18% que o ano anterior, segundo recolle Faro de Vigo
O Supremo dálle a razón fronte á Xunta a unha membro da igrexa "adventista do Sétimo Día" e recoñécelle o dereito a non facer unha oposición en sábado, xa que esta xornada "na súa igrexa está dedicada á adoración a Deus", segundo o informa o TSXG. A Consellería de Educación desestimou en 2011 a petición da recorrente, que pediu facer outro día da semana un exame da oposición de Educación Infantil convocado para o sábado. O TS sustenta o seu ditame nos acordos do Estado coas Igrexas Evanxélicas.
O xornal portugués O jogo reclámalle á prensa española que deixe de referirse ao equipo do Porto como "Oporto". Faino nun artigo sobre o impacto do porteiro madrileño Iker Casillas no club portuense.
A Radio Galega informa do colpaso da A-55 en Mos, sentido Tui, por mor dun accidente.