O director Manoel de Oliveira morreu esta mañá aos 106 anos de idade. Filmou máis de 60 películas, dende Douro, Faina Fluvial (1931) até a curta O Velho do Restelo (2014), destacando obras coma Aniki Bóbó. Sendo neno, estudou na Guarda, nun colexio de xesuítas, mantendo sempre un gran vencello con Galicia
Fálase
O asalto do grupo yihadista Al Shabaab a unha universidade en Kenya provoca 15 mortos e 65 feridos, con 500 estudantes retidos e retidas como reféns.
Bruxelas advirte a Tsipras de que “Rusia non é unha alternativa para Grecia”, ante a viaxe que o presidente grego realizará a Moscova a semana que vén. Grecia anuncia que creará 4.500 novos postos de traballo no sistema sanitario e suprimirá o pagamento por consulta.
Criticas á Garda Civil por publicar na súa conta oficial un tuit que equipara a violencia machista e os casos de violencia exercidos por mulleres, empregando ademais un cartel falso do Ministerio de Igualdade. Tardou, ademais, en publicar unha rectificación e pedir desculpas
Nais e pais do CPI Os Dices de Rois iniciarán o martes 7 de abril un peche no Concello. A pasada semana o 60% das familias non levou os seus fillos e fillas á clase, en protesta pola perda de 50 minutos semanais de docencia para os alumnos de secundaria
O PP veta a convocatoria dun pleno extraordinario no Concello da Coruña sobre os supostos 54 enchufes promovidos polo Goberno local con empresas concesionarias de servizos municipais. Os votos populares botaron abaixo a proposta de EU, que nin sequera se chegou a discutir. De igual xeito, tamén impediron que chegase ao pleno unha moción do BNG para revisar os acordos do Goberno de Francisco Vázquez sobre Someso.
Os tres peritos xudiciais que interveñen no proceso polo accidente do Alvia foron citados o 10 de xuño co obxetivo de que ratifiquen os seus informes e se sometan a contradición polas partes persoadas na causa
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey (PSOE), será xulgado por malversación. O rexedor asegura que non dimitirá e estuda concorrer ás eleccións de maio cunha candidatura independente
O Parlamento europeo rexeita incluír transportes coma o ferrocarril na negociación do TTIP. Os votos da esquerda e do centroesquerda botaron abaixo unha proposta conservadora que pedía a incorporación desta materia.
A Xunta terá que entregarlle ao Parlamento o contrato do vídeo de Enrique Iglesias. O PP accedeu a aprobar a iniciativa na que o BNG pedía o documento, se ben os conservadores teiman en que o pagamento de 300.000 euros ten un "retorno millonario" para Galicia.