Este luns comeza a Asemblea Cidadá de Podemos, na que poderán participar as máis de 120 mil persoas inscritas na formación e que definirá a estrutura deste movemento
Fálase
Máis da metade dos votantes de PP e PSOE non teñen correo electrónico, segundo desvelan os datos das enquisas realizadas polo CIS. Podemos, Vox, UPyD e Equo, os que contan con máis votantes usuarios de internet.
O Obradoiro gañou a Copa Galicia de baloncesto tras impoñerse na final ao Breogán (74-59)
Na Terceira División, Cerceda e Ribadumia lideran a táboa
Alondras 2-0 Xuventú Sanxenxo
Bertamiráns 0-1 Ordes
Barbadás 3-1 Laracha
Rápido de Bouzas 1-1 Silva
As Pontes 0-0 Racing Vilalbés
Cerceda 1-1 Ribadumia
Pontevedra 1-2 Deportivo B
Bergantiños 1-1 Ribadeo
Arousa 0-0 Boiro
Choco 2-0 Cultural AreasEmpate do Lugo na casa ante o Leganés (0-0). Na Segunda B, vitorias do Compostela (2-3 ante o Valladolid B) e do Coruxo (0-1 ante o Avilés); derrotas de Rácing de Ferrol (1-2 ante o Zamora), Celta B (0-2 ante o Astorga) e Somozas (2-0 ante o Guijuelo).
O filme francés La lampe au beurre de Yak gaña o 7º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. A tamén produción gala La Fugue acadou o segundo premio. Meu amigo Nietzsche obtivo o galardón do público e 3-1=0 foi a mellor galega.
José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, defende nunha entrevista en Faro de Vigo que "a xente debe asumir que é mellor cotizar por unha hora que un parado sen cotización"
"O Delegado do Goberno non é un exemplo no cumprimento da legalidade". Dereitos Civís responde as declaracións realizadas por Samuel Juárez, que sinala en La Voz de Galicia que "O BNG exerceu a violencia contra a policía na visita de Merkel". A entidade denuncia a través dun comunicado que Juárez "parece botar de menos unha violencia real que xustifique a reacción policial" e lembra a negativa de moitos axentes aportar as súas identificacións obrigatorias ou o falseamento de informes.
O Celta deixou escapar dous puntos de Balaídos nos últimos minutos (2-2) ante unha Real Sociedade en mellor forma física á que chegou a gañar por 2-0. Os celestes, con todo, mentéñense na parte alta da táboa con 5 puntos.
A Universidade da Coruña celebra este curso os seus 25 anos de historia. A institución prepara para os vindeiros meses un calendario de actividades para celebralo.