Feijóo recibe o alcalde de Vigo, Abel Caballero, por primeira vez en seis anos. Entre os asuntos abordados na xuntanza estiveron a área metropolitana, a xestión do aeroporto ou a vivenda, entre outros.
Fálase
O PP elixe como lema "X el futuro de España" para a súa conferencia política da vindeira fin de semana. En eldiario.es
A Xunta asina un convenio con Abanca para xestionar alugueiros sociais para persoas en risco de desafiuzamento que teñan a hipoteca con esta entidade. O banco anuncia ademais a cesión de 100 vivendas para familias "en situación de vulnerabilidade".
Rajoy non descarta que as xerais sexan en decembro para chegar a elas cos orzamentos aprobados. Recólleo eldiario.es
Varoufakis dimite como ministro grego de Finanzas para facilitar a "negociación dun mellor acordo" cos acredores tas o triunfo do "non" no referendo. Explica a decisión neste post do seu blog
#Greferendum Prevese que contra as 8 do serán se coñezan os primeiros resultados. O escrutinio oficial pódese seguir nesta ligazón.
Vence reitera a disposición do BNG a renunciar ás súas siglas para lograr unha "candidatura da nación galega" para as xerais. Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER, na que tamén sinalou a "aspiración" do Bloque para presidir a Deputación da Coruña, se ben este "non é o tema central" das negociacións co PSdeG.
#Greferendum As sondaxes telefónicas das televisións danlle a vitoria ao "non" no referendo grego. O inicio do escrutinio, ao vivo en eldiario.es
A UNESCO inclúe o Camiño Primitivo e o Camiño do Norte a Santiago na lista de Patrimonio Mundial. Vén de confirmalo a Xunta.
#Greferendum Resta apenas unha hora para que rematen as votacións no referendo grego. A xornada e os seguimento dos resultados, ao vivo en eldiario.es