O voceiro do PP en Lugo e deputado no Parlamento Jaime Castiñeira presidirá o congreso dos conservadores, que se celebra na cidade a vindeira fin de semana.
Fálase
Fracasa a aposta do Goberno polo chamado "contrato de emprendedores". Dende a súa aprobación só se rexistraron 75.600, o 8,2% dos novos contratos indefinidos dende marzo
Ao redor de 300 afectados polas preferentes maniféstanse nestes momentos polas rúas de Pontevedra, e concéntranse fronte á sede da Deputación. Na marcha participan sete alcaldes e concelleiros de varias localidades, entre eles o propio rexedor da cidade pontevedresa, o nacionalista Fernández Lores. Os edis entraron na Deputación para manter un encontro con Rafael Louzán.
O Banco Central Europeo vén de facer público o novo deseño dos billetes de 5 euros. Paulatinamente, irá renovando os demais.
A Xunta proclama que a Cidade da Cultura fai "dous anos de austeridade
Unilabs, a empresa da que é conselleiro o ex responsable de Sanidade da Comunidade de Madrid, Juan José Güemes, queda coa xestión das análises clínicas que el mismo privatizou
José Luis Baltar viuse obrigado a abandonar a Deputación polas peticións da Fiscalia para que fixese públicos os contratos supostamente fraudulentos, segundo o Faro de Vigo.
O rey presionou o editor de La Vanguardia pola súa posición independentista. O monarca tivo unha dura conversa con Javier Godó pouco antes de Noiteboa para lembrarlle a súa condición de "grande de España" e xa semanas antes presionárao a través de Juan Luis Cebrián
Francisco Marhuenda, director de La Razón, cualifica Intereconomía de "grupo infecto de ultradereita". Intereconomía, pola súa banda, acúsao de ter sido apartado do PP por un caso de corrupción.
O presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, advirte unha “mellora significativa” nos mercados e afasta o rescate para España