0 Gardados para despois

Case 200 concellos celebran o Entroido como festivo local

Redacción | @prazapublica

Galicia está en festa! Entre o luns e o mércores case 200 localidades celebrarán un dos seus festivos locais. Xa este luns de entroido é non laborable en nove concellos (Arzúa, Burela, Monfero, Quiroga, Sarreaus, Toques, Tui, Vilariño de Conso e Vilarmaior). Aínda que o día grande chegará, por suposto, o martes de entroido, no que non se traballará nun total de 168 localidades, máis da metade do país. O martes é festivo local en catro das sete cidades (Ferrol, A Coruña, Lugo e Ourense) e na maior parte das provincias ourensá e lucense, así coma na parte septentrional da provincia da Coruña.

Finalmente, mércores de cinsa será festa nun total de 19 lugares (A Pobra do Brollón, Ares, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Fene, Laza, Marín, Narón, Neda, O Grove, Oímbra, Outes, Ponte Caldelas, Pontevedra, Verín, Viana do Bolo, Vilanova de Arousa e Vilardevós). Monfero e Vilarmaior son os únicos que repiten festivo (luns e martes).

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.