A loita de Hadrián, a súa familia e a Confederación de Anpas Galegas fixo reacciónar á Xunta. A Consellería de Cultura, Educaicón e Ordenación Universitaria vén de activar o Protocolo de Atención Educativa Domiciliaria e que permitirá impartir aulas nas súas casas aos alumnos que falten máis dun mes ao colexio por unha longa enfermidade.
Nin é todo o esixido nin se cumpre a reclamación última da nai de Hadrián, que reivindica un mínimo de 12,5 horas semanais -a metade do que recibe un rapaz no seu centro- para os nenos con doenzas graves. Pero a súa loita fixo reaccionar a unha Consellería cuxo titular, malia as peticións de Nieves Villar, segue sen recibila naquela prometida reunión.
A loita de Hadrián e a súa nai provocan que a Xunta active un protocolo que a familia do rapaz aínda ve insuficiente
O protocolo establece un máximo de dez días desde que a familia do alumno fai a solicitude e ata que a xefatura territorial a resolva. Manuel Corredoira, director xeral de Educación, foi quen anunciou a posta en marcha deste protocolo este venres e aclarou que as clases a domicilio serán impartidas por docentes destinados nos centros de educación para adultos.
Hadrián é a imaxe visible dunha loita que afecta moitos máis nenos. De tan só once anos, sofre leucemia -un dos tipos máis graves- e atura as difíciles consecuencias da súa grave enfermidade. Sometido a sesións de quimioterapia, o cativo de Malpica recibe clases na súa casa a través de atención domiciliaria, pero pouco máis de seis horas semanais.
O alumno que falte máis dun mes seguido ao centro ou seisi ou máis días continuos ao mes durante medio ano recibirá aulas na casa
"Queremos que a atención sexa máis áxil, que o programa educativo sexa máis adaptado á súa situación e que se lle presten os recuross, telemáticos tamén, de apoio a través das tecnoloxías da información e comunicación que poidan necesitar", aclarou Corredoira, que explicou que a atención domiciliaria prestarase en canto o alumno falte máis dun mes seguido a clases ou cando a súa doenza crónica provocque ausencias ao centro de seis ou máis días continuos ao mes durantete un período mínimo de seis meses.
Ademais, e atentendo a varias reivindicacións das Anpas Galegas, a familia será quen presente a solicitude no centro acompañada do informe médico. Logo, será o profesorado titor quen eleabore outro informe que acompañará á documentación que será enviada á xefatura territorial de Educaicón, que será quen resolva e indicará a asignación horaria e a duración da atención.
A familia, os médicos e os profesores darán a súa opinión nos informes que terá que avaliar a Xunta para decidir a atención
O profesorado destinado a esta atención domiciliaria elaborará un programa individualizado para cada alumno, aínda que en Primaria o currículo farase de forma global, mentres que en Secundaria agruparanse as materias en áreas de sociedade, científico-tecnolóxica e comunicación.
Nieves Villar, a nai de Hadrián, considera insuficiente a medida porque non se establecen un mínimo de horas para todos os nenos e porque considera que a atención para cada neno dependerá do criterio final da Consellería e da loita e pelexa que poidan levar a cabo, en maior ou menor medida, os pais.